Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 29
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Pirlo contra España

    A final da Eurocopa 2012 xa está perfilada. España, que precisou da queda de penaltis para vencer a unha Portugal cuxo conformismo coa derrota por parte de xogadores, medios e siareiros é máis que preocupante, será a favorita. Pero enfronte terá o peso da historia, esa que representa unha Italia que sempre está morta pero sempre se ergue para lembrar que é tetracampiona do mundo e que neste capítulo é a única selección que lle fai sombra a Brasil. Italia despachouse con bo fútbol e incluso dominio da pelota -cousas do cambio de estilo imposto por Prandelli- dunha Alemaña que quizáis pecou de arrogante. Hoxe as imaxes dos xornais de todo o mundo están protagonizadas por Balotelli, autor dos dous goles -1-2 foi o resultado fiinal- dos azzurros, sen embargo, a clave do partido e de todo o campionato para os italianos é, como non, Andrea Pirlo. O talentoso centrocampista interpreta unha sinfonía cos seus pés. Non precisa correr, pois pensa máis rápido que os demaís. Está asinando un ano incrible, no que logrou cambiar o estilo da Juventus e conducila ao Scudetto para voltar a facela grande, e agora lidera, unha vez máis, ao seu país.

    Un non pode evitar emocionarse ao ver o festival de Pirlo, pois cada xesto lembra a aquel Zar que tamén escribía poesía en Balaídos sen necesidade de correr. unha calidade que probablemente nunca se volte a ver vestida de azul celeste.

    Na final, España é clara favorita e case seguro que logra o tricampionato. Pero se Italia se leva o gato a auga, e Pirlo non é galardonado co Balón de Ouro, sería unha mostra máis da falsidade deste premio.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook