Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 29
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O United sempre será o United

    "O United sempre será o United". Con esta frase se despachou hai meses David Beckham cando lle preguntaron polo equipazo que estaba a facer o Manchester City a base de talonario. Pois ben, esta fin de semana os de Old Trafford puxérone líderes en solitario con tres puntos de diferenza sobre o seu eterno rival. Pese a comezar a tempada de xeito irregular e incluso recurrir no mercado invernal a Paul Scholes, que colgara as botas en xuño, o United xa ten todo de cara pra volver a levantar o título de campión da Premier League. O proxecto multimillonario do City esmorece pouco a pouco. Primerio foi na Champions e despois na Europa League, onde non puido contra un Sporting de Portugal que non pasa dun mediocre quinto posto no torneo luso.

    Semellaba que na liga non habería rival para os de Mancini. Incluso se permitiu o luxo de prescindir de Tévez case toda a tempada tras un enfrontamento directo entre adestrador e dianteiro. O Apache negárase a saír dende o banco de suplentes a xogar os últimos minutos dun encontro. Sen embargo, gañaba con comodidade e máis ou menos brillantez os partidos. Tirando do enfant terrible Mario Balotelli, do talento de Dzeko, da regularidade de Yayá Touré e sobre todo da maxia do exceleste David Silva (que rivaliza con Van Persie e Mata como mellor xogador da premier 2011/12). Pero os Red Devils aguantaron o pulso contra todo pronóstico e agora mesmo manteñen unha porcentaxe de puntos inalcanzable para o City.

    Esta fin de semana o City non pasou do empate na casa do Stoke e o United venceu nun sufrido encontro co Fulham londinense. Rooney voltou a resolver. En Manchester -e polo tanto en toda Inglaterra- volve mandar o de sempre. Con moitos máis anos e sen a contundencia de antaño en Europa, pero na liga doméstica os de Ferguson seguen demostrando porque o United é o United.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook