Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 01
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O United rematou por queimarse

    A derrota contra o Tottenham deste sábado foi unha boa pedra de toque para o Manchester United. Semellaba que ía loitar polo título ata o final sen suor, pois gañaba os encontros cun fútbol moi malo. Tanto xogar con lume rematou por queimarse. As présas do segundo tempo e os destellos de Van Persie e Kagawa non foron suficientes contra o conxunto de Villas-Boas. Un Bale tremendo con espazos e o gran arranque ligueiro de Defoe foron a clave. Por non falar das galopadas do central belga Vertonghen, un xogadorazo. Facía 25 anos que os do norte de Londres non gañaban en Old Trafford, semella que este ano poden facer un grande papel, aínda que o título está, a priori, totalmente descartado para eles.

    Pero se algo nos deixou esta xornada de Premier League foi a reacción do Liverpool, que goleou ao Norwich. Os tres tantos de Luis Suárez amosaron que ten que ser o uruguaio o que tire do carro para, cando menos, meter aos seus en postos europeos. Brendan Rodgers fixo unha revolución no once titular. O "menor" Sterling voltou a amosar a súa verticalidade e capacidade para desequilibrar.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook