Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 09
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O torneo de Leandro Damiao?

    Brasil e México xogarán a final olímpica de fútbol este sábado. Descartada xa unha sorpresa dos equipos asiáticos -aínda que será bonito ver a Xapón e Corea do Sur loitar polo bronce mañá- comeza a hora de facer reconto antes da finalísima. México sorprendeu, pero non tanto se analizamos o percorrido das súas seleccións inferiores nos últimos anos. Está ante a súa primeira final olímpica e os de Dos Santos queren seguir facendo historia. En semifinais ante Xapón practicaron un fútbol vistoso e combinativo. Por Brasil, que busca o seu primeiro ouro en fútbol, está unha constelación de estrelas máis ou menos consagradas. É certo que Neymar e Oscar brilaron con luz propia, e tamén que Marcelo, entre outros, amosou que ten unha calidade moi superior á media do torneo. Pero o que se está a consagrar é Leandro Damiao. É o máximo goleador, contra Corea do Sur fixo dous goles e ten fame de máis para a final. O atacante de Internacional de Porto Alegre está a darse a coñecer a todo o mundo, aínda que leva tempo sendo seguido por grandes de Europa. O FC Porto tentou desesperadamente facerse cos seus servizos tras a venta de Falcao ao Atlético de Madrid. Pero o fútbol en Brasil xa non é o que era e agora para fichar a un xogador deste talento hai que ter moita, pero moita, pasta. Senón que llo digan ao PSG, que vén de pagar 45 millóns de euros por Lucas Moura, "roubándollo" ao Real Madrid e ao Manchester United.

    Por certo, hoxe en mulleres finalísima entre Xapón -estas si que son boas- e Estados unidos. Do mellor que se pode ver no panorama mundial sen dúbida.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook