Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 22
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O sur de Italia, de festa 22 anos despois

    As diferenzas económicas entre o norte e o sur de Italia son bestiais, de ahí que no fútbol apenas se conten éxitos dos equipos de Roma para abaixo, excepción feita do Nápoles de Maradona. Agora é precisamente o clube napolitano o que ergue un título 22 anos despois da súa última Supercopa. Era cuestión de tempo que a brilante plantilla que xuntou estes anos o Nápoles gañase un título. O fixo, ademais, vencendo por 2-0 á Juventus, rematando no último partido coa súa xeira de resultados, invicto dende que comezara a tempada. Impediu que a Juve gañara o doblete e que Del Piero se despedise do equipo da súa vida cun novo título.

    O partido non era bo por ningunha das dúas bandas, ata que Storari, que actuaba como gardameta da Juventus, cometeu un penalti de libro que transformou Cavani. A partires de ahí os do norte espabilaron e xeraron moitas ocasións de gol. Sen embargo o Nápoles fixo o que mellor sabe, trenzar unha contra rápida, efectiva e letal. Pandev conduciu o balón con mestría, abriu á banda dereita para Hamsik que fusilou ao meta bianconero.

    Nuns meses voltarán a verse as caras na Supercopa, a ver se os napolitanos son quen de manter ás súas estrelas -xa que Lavezzi xa soa para o PSG-  e manteñen un pulso interesante. A mágoa é que a irregularidade en liga impide aos celestes xogar a Champions League o vindeiro ano e deberán conformarse coa Europa League.

     

    Volta o Torino

    Unha vez máis o Torino, o equipo con máis seguidores en Turín, regresa á Serie A. Venceu na segunda división. Animará a liga o ano que ven. Un conxunto da súa historia non merece outro lugar que a elite. Xunto ao toro ascendeu o Pescara. O terceiro posto se decide nun play-off no que destaca a Sampdoria, recén descendido pero que fixo un ano pésimo e só puido rematar sexto.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook