Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 29
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Sp. Braga cólase entre os tres grandes

    Non hai que ir moi lonxe para atopar ao equipo que se converteu na sorpresa do fútbol europeo desta fin de semana. Trátase do Sporting Clube de Braga. A súa vitoria do luns en casa frente ao Académica Coimbra (2-1 con goles de Mossoró e Lima) situou aos Guerreiros do Minho no liderado da liga portuguesa. A falta de seis xornadas e co Benfica como vindeiro rival, o Braga segue a facer historia. Os bracarenses disfrutan do seu equipo de fútbol dende 1921, pero nunca como o fan dende hai tres anos.Na tempada 65/66 venceu a Taça de Portugal.  O seu único título de importancia. Dende entón varias finais pero ningún entorchado. Dende hai tres anos, da man de Jorge Jesús primeiro e de Leonardo Jardim agora está a viver o momento máis doce da súa historia.

    Primeiro loitando ata o final polo título de Liga, hai xa tres anos, despois asombrando a Europa, e sospeito que aos seus propios adeptos, acadando a final da Europa League da última tempada -perdeu contra o FC Porto- e finalmente, e cando semellaba que todo fora un soño fugaz, colándose de novo na loita pola liga este ano. Cunha xeira impresionante de 13 vitorias consecutivas e tirando dos goles de Lima -con 19 tantos lidera a táboa de goleadores do campionato- os do norte portgués esperan redondear esta grande etapa cun título e, sobre todo, asentar o seu novo estatus entre os tres grandes -Benfica, FC Porto e Sporting de Portugal- e non rematar nuns anos no esquecemento como o Boavista, gañador da liga en 2001.

    Quim na portería e o exvalencianista Hugo Viana mandando na mediapunta teñen moito que dicir daquí á final da tempada nun equipo que ten no banquillo ao eterno Nuno Gomes, xa case de retirada. De momento, na última xornada aproveitaron os empates de FC Porto (que foi víctima do xoven crack paraguaio do Paços de Ferreira, Melgarejo) e do Benfica (non marcou diante do Olhanense). Os arsenalistas prometen dar guerra Até o fim!.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook