Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 10
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O sistema kamikaze da Copa África de Nacións

    A Copa África de Nacións dispútase de novo entre xaneiro e febreiro de 2013. Por segundo ano consecutivo antes do cambio definitivo de formato. O caso é que, para facer as fases de clasificación en tan pouco tempo, a Confederación ideou un sistema que podemos tildar de kamikaze, aínda que non se lle pode negar o seu atractivo. Consiste só en dúas roldas a partidos de ida e volta. Na primeira xogaron as seleccións que non disputadon a última CAN. Os vencedores uníronse, en sorteo puro, ao resto de seleccións. O que gañe en cada eliminatoria que arrincou esta fin de semana pasará á fase final, que se disputará en Sudáfrica. Anulouse a previsión de xogala en Libia polo conflicto bélico que aínda sofre esta país árabe.

    O caso é que xogar así implica que moitas seleccións de nome quedarán fóra. Na primeira fase xa foi eliminada Exipto, o país con máis títulos continentais. Nesta rolda, Costa de Marfil e Senegal, sen dúbida candidatos a todo, enfróntanse entre si. Unha das dúas ficará fóra. E Costa de Marfil deu o primeiro golpe gañando 4-2. Outros resultados sorprendentes son o 2-2 de Liberia contra Nixeiria, que deixa a volta moi aberta; o 1-0 da República Centroafricana fronte a Burkina Faso e, sobre todo, a victoria por 2-0 da débil Cabo Verde contra Camerún. No partido, desputado en Praia, Camerún non fixo ningún mérito para estar na fase final e soñar con que Eto´o volte a xogar para o seu país.

    A emoción está servida para os encontros de volta, o vindeiro 12 de outubro.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook