Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 08
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O Lusitanos vence a súa primeira liga andorrana

    O terceiro Estado en discordia co que compartimos a Península Ibérica é o Principado de Andorra, onde, pese ao seu pequeno tamaño, tamén existe unha liga de fútbol, con dúas divisións. Hai escasas semanas finalizou a Liga, que segue un formato simlar á turca, cunhas últimas xornadas en dous grupos onde os de arriba xogan entre si e os de abaixo fan o mesmo para tratar de eludir o descenso. Pois ben, nesta edición o vencedor foi o Lusitanos, un equipo composto, na súa maior parte, por xogadores da grande comunidade portuguesa que vive no país dos Pirineos. Hai que lembrar que na segunda división incluso xoga un Benfica, creado por adeptos do clube lisboeta

    O Lusitanos, que comezou liderando a liga con tranquilidade, acabou gañando por apenas dous puntos de vantaxe sobre o FC Santa Coloma, vencedor das dúas edicións anteriores. Baixaron dous clásicos, o Inter e o Ranger´s, campeón en 2006 e que este ano só sumou catro puntos en encaixou 108 goles, unha cifra escandalosa se temos en conta que na primeira división andorrana apenas xogan oito equipos.

    O Lusitanos, clube da capital Andorra La Vella, ten como xogadores clave, nos que baseou o campionato conseguido, aos atacantes Pedro Reis, Miguel, Nuno Pereira e o español Raya, aínda que non se caracterizou por ser un equipo excesivamente goleador e si por controlar e dominar os encontros dende o medio do campo.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook