Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 22
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    O exemplo do Moreirense

    No fútbol portugués non abundan os casos de boa xestión. Ao contrario, é común que os clubes se endebeden e, ao non poder seguir o ritmo, rematen por non poder pagar aos seus xogadores. Casos coma o do Estrela Amadora, que gañou unha Taça de Portugal non hai moitos anos e agora está desaparecido, sucédense cada certo tempo. Pero se un equipo se pode poñer como exemplo de boa xestión e contención do gasto ese é o Moreirense, un conxunto que mantendo os pes no chan segue a facer historia. Estivo na Primeira Liga hai uns anos, descendeu, e recentemente regresou á máxima competición lusa quedando segundo na Liga de Honra só por detras do Estoril Praia. Quedou por riba de conxuntos clásicos como o Belenenses ou o Leixoes.

    Pero a historia do Moreirense convírtese en máis bonita se sabemos que se trata do equipo do pobo de Moreira de Cónegos, unha pequena parroquia (freguesía) do concello de Guimaraes de apenas 4.800 habitantes. É un caso excepcional que esta pequena vila vaia a ver desfilar a grandes de Europa como Benfica e FC Porto.

    Vai ser a cuarta tempada na que a súa vistosa camisola axedrezada compita cos máis grandes e todo iso grazas a unha campaña espectacular e regular na que marcaron 47 goles, sendo o mellor ataque da Liga de Honra. Por certo, que en punta teñen ao arxelino Nabil Ghilas, irmá do exéltico Kamel Ghilas.

    A Federación Portuguesa está a estudar incrementar o número de equipos que disputan a máxima categoría -actualmente 16- polo que é posible que haxa máis ascensos. Os que si baixaron de primeira foron o Leiría e o Feirense.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook