Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 14
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Manchester déitase de azul 44 anos despois

    Probablemente o final de liga máis vibrante da historia da Premier foi o que se viviu esta tarde e o que permitiu ao Manchester City acadar o título de campión 44 anos despois, aínda que cos mesmos puntos que o United. Todo semellaba tranquilo para os azuis co tanto do lateral Zabaleta a pase de Touré Yayá, que remataría lesionado. Pero todo se complicou cando o Queens Park Rangers remontou, incluso cun home menos, na procura da salvación e nas únicas dúas veces que chegou á área local. Os minutos pasaban, o United gañaba en Sunderland por 0-1 obra de Rooney e semellaba que os Red Devils o volvían a facer, volvían a ser o mellor equipo de Inglaterra. Pero non foi así. Cando os afeccionados do City afogaban nun mar de bágoas de decepción e cun Mancini fóra de sí, Dzeko igualou ao rematar un córner sacado por Silva. Era o minuto 91. Dous minutos despois, na derradeira xogada da tempada, Agüero fixo boa a súa fichaxe e aproveitou un toque dende o chan de Balotelli para dar a liga ao seu equipo. A Premier daba unha reviravolta máis, e foron moitas este ano, e o traballo de tantos meses se decidiu en tres minutos. O City é campión de liga por terceira vez na súa historia e, iso sí, tras centos de millóns de euros dos petrodólares invertidos nos últimos anos. Foron 44 os anos que os seus siareiros levan agardando por este momento. Que o disfruten, pero tanta inversión ten que servir agora para plantexar unha tempada máis seria e aspirar á Champions League.

     

    O Bolton descende

    Isto remata meus. As principais ligas de Europa están chegando ao seu final e con eles chegan as alegrías e as decepcións. O QPR finalmente se salvou onte en Inglaterra grazas ao empate do Bolton, que sufriu unha arbitraxe pésima.O Bolton baixa a Championship e acompaña ao histórico Blackburn e ao Wolves.

    Por arriba o Arsenal asegurou a Champions quedando terceiro, o Tottenham venceu e rematou cuarto. Irá á fase previa da Champions se o Chelsea non gaña esta competición, senón os do norte de Londres deberán conformarse coa Europa League, como o fará o Newcastle que onte voltou a perder. Chelsea e Liverpool teñen garantida a Europa League por vencer nas copas. A destacar o pésimo ano en liga do Liverpool, que rematou oitavo. O seu veciño de cidade, o Everton acabou un posto por riba, un feito que apenas ocorreu tres veces dende a Segunda Guerra Mundial.

     

    Ascensos

    En canto aos ascensos en Inglaterra, o Reading e o histórico Southampton ascenderon directamente. De terceiro a sexto están disputando un play-off pola terceira plaza. Só quedan dous en liza, o meu querido West Ham United e o Blackpool. O día 19 se miran as caras.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook