Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 18
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Liverpool e AC Milan. Dous grandes de Europa en apuros

    Hoxe arrinca a Champions League, e todos os medios españois están pendentes do partidazo entre Real Madrid e Machester City para saber se o equipo branco poderá superar a súa crise de resultados. Pero outros dous grandes de Europa si que están en crise. Ademais, trátase dunha crise que non sabemos onde acabará e se terá pronta solución. Falo do Liverpool e do AC Milan.

    No caso do equipo inglés, sorprendeu a saída de Andy Carroll sen fichar a outro punta. Pero o peor é que o plantel semella non asimilar a aposta polo fútbol de toque do adestrador Brendan Rodgers. Esta fin de semana empatou con Sunderland e só suma dous puntos en catro partidos. Só Luis Suárez leva perigo arriba. Iso si, non todo é malo para os seus siareiros. A boa nova é a aparición fulgurante do xoven Raheem Sterling. Extremo de orixe xamaicano de apenas 17 anos que se converteu en dono da banda dereita de Anfield, aínda que pode xogar en ambas bandas. O seu descaro e desborde ilusionan ao Liverpool.

    No caso do AC Milan, a derrota en casa fronte ao Atalanta demostra o que xa se vía vir. O equipo priorizou a reducción da débeda e perdeu competitividade. A afección está a cansarse e se esta semana pincha contra o Anderlecht os problemas serán graves. Incluso se fala de que o adestrador, Massimiliano Allegri, está cuestionado. Tres puntos en tres partidos, dúas derrotas en casa e, sobre todo, unha imaxe de debilidade fronte a unha Juve que vence con suficiencia e fronte a outros equipos con máis pólvora coma Nápoles, Fiorentina e Roma, deixan un futuro desalentador para os tifosi rossoneri.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook