Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 11
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Lección de Pirlo

    Partidazo o que enfrontou a España con Italia. O mellor do que vai de Eurocopa sen dúbida e marcado polo fútbol precioso dos españois e por unha Italia sorprendente, que non caeu no tópico pese a saír cunha defensa tan reforzada, e non escatimou en saltar ao ataque cada vez que tivo oportunidade. Na primeira parte a Azzurra foi mellor e Casillas voltou a erixirse en salvador para os intereses españois. Na segunda metade, e sobre todo cando Di Natale adiantou aos italianos tras entrar por un desnortado Balotelli, Iniesta tirou do carro e España gañou terreo. O gol do empate chegou tras un pase antolóxico de Silva que materializou Cesc nunha España sen referente arriba ata a entrada de Torres no tramo final.

    Pero o máis destacado deste xogo foi o despliegue de Andrea Pirlo. O veterano centrocampista, agora nas filas da Juventus, foi o eixo sobre o que pivotou Italia. Deu uha nova lección de fútbol desdobrándose en tarefas de destrucción, recuperación e sobre todo creación. Para a galería queda o seu pase de gol a Di Natale.

    No outro encontro do día Croacia venceu a Irlanda por 1-3. Os irlandeses, moi limitados e cun único recurso: O contragolpe, caeron con estrépito ante unha Coracia que a partir do minuto 20 optou por baixar a pelota e crear fútbol nos pés de Rakitic e sobre todo Modric. Os goles foron dos puntas Mandzukic e Jelavic.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook