Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 13
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    La U e Santos asombran na Libertadores

    A semana que se pecha hoxe ten moitos titulares no mundo do fútbol pero quizáis un dos máis destacados sexa a resolución dos oitavos de final na Copa Libertadores e, sobre todo, a exhibición do Santos ante o Bolívar e do Universidade de Chile (La U) ante o Deportivo Quito. Os dous endosaron goleadas de escándalo e remontaron as derrotas que colleitaron na altura dos Andes,o que demostra que os equipos bolvianos e os ecuatorianos só se fan fortes na súa casa.

    A grande sopresa foi a de La U, que o tiña case imposible tras o 4-1 sufrido no Ecuador. Pero os de Jorge Sampaoli gañaron por un contundente 6-0. Como actuais campións da Copa Sudamericana e tendo en conta que os chilenos xogan ás mil marabillas e son o conxunto de moda no continente, a súa candidatura ao título está servida. Mágoa que Vargas estea quentando o banquiño do Nápoles e non poida sumar a súa calidade a Fernándes ou Henríquez, os puntas que cargan agora con toda a responsabilidade atacante nos chilenos.

    O Santos, que xa gañara esta semana na ida da final do Paulistao, está nunha forma incrible, e con tanta calidade iso implica goleada. 8-0 gañoulle a un dos xigantes bolivianos, o Bolívar.Elano abriu o marcador e anotou outro. Dous de Neymar, dous de Ganso, Kardec e Borges masacraron aos andinos.

    No resto de encontros destaca o 2-1 do Fluminense ao Internacional de Porto Alegre na eliminatoria máis igualada. Os de Río, flamantes campións do Campionato Carioca, xa están en cuartos de final. O Lanús, pola súa banda, repúxose ao gol inicial de Vasco da Gama e logrou levar o xogo á prórroga e aos penaltis. Ahí os brasileiros estiveron máis acertados.

    O Corinthians impuxo a lóxca e se desfixo por un cómodo 3-0 do Emelec, O Boca Juniors venceu con máis problemas dos previstos á Unión Española de Chile, o Libertad de Paraguai eliminou ao Cruz Azul mexicano cun 2-0 e o Vélez Sarsfield pasou de rolda cun rácano empate a un gol co Atlético Nacional de Colombia.

    Esta semana ida de cuartos cos seguintes cruces: Libertad-Universidad de Chile, Vasco-Corinthians, Boca Juniors-Fluminense e Vélez-Santos.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook