Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 01
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Kompany pon a Premier patas arriba

    O Manchester City gaño o derbi ante o United cun solitario gol de Kompany á saída dun córner. O certo é que, para a miña desgraza, os azuis foron bastante superiores aos Red Devils. Máis incisivos e xerando máis ocasións. O gol de Komapny provoca outro terremoto na Premier League. Agora os dous de Manchester están empatados a puntos e co City por diante por goal average. Só restan dúas xornadas e se os de Roberto Mancini vencen o seu próximo compromiso ante o Newcastle serán os claros favoritos para acadar a liga. Os afeccionados do City cantaron durante cinco minutos tras o pitido final para festexar que por primeira vez en moitas décadas son superiores ao United. As disputas infantís entre Ferguson e Mancini dende o banco de suplentes e a aparición insultante de Liam Gallagher (excantante de Oasis) para desprestixiar ao técnico escocés en rolda de prensa dan una idea da importancia que adquiriu este derbi que se converteu no encontró da xornada en toda Europa, pese a disputarse o luns.

    O resto da liga en Inglaterra se resume na estrepitosa e sorprendente derrota do Newcastle por 4-0 na casa do Wigan de Roberto Martínez. As urracas, que viñan en racha, perderon o cuarto posto a favor do Tottenham, que por fin deixa atrás a mala xeira de resultados. Papiss Cissé non puido remedialo desta volta. Tamén é de salientar o 6-1 que lle meteu o Chelsea ao Queens Park Rangers, con tres tantos de Torres incluídos, ou o 0-3 do Liverpool en Norwich. Luis Suárez tamén acadou un hat-trick cun gol antolóxico de longa distancia.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook