Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 28
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Hazard xa manda en Londres

    A aparición de Michu no Swansea está a ser, sen dúbida, o feito máis destacado neste comezo de Premier League. O excéltico leva tres goles en só dous encontros para o valente equipo galés. Aínda que o grande debut, ao meu enteneder, é o do belga Eden Hazard que leva un gol e catro asistencias en tres encontros. Un mediapunta que namora co seu fútbol e que demostra no Chelsea que tamén pode xogar nun grande de Europa, tras darlle ao Lille dous anos marabillosos. Igual está demasiado individualista nun Chelsea que leva tres de tres en vitorias. Pero Hazard leva todo o peso do ataque dos actuais campións de Europa. A pregunta é: É unha ameaza para Mata ou permitirá ao español xogar máis liberado ao non ter que cargar coa responsabilidade de ser o único que crea fútbol nos Blues?

    O certo é que Hazard, xunto a Silva -inexplicablemente suplente contra o Liverpool- polo City e Kagawa polo Manchester United, son os homes de máis talento que existen agora mesmo na Premier. Eu aposto, coma sempre, polo United para o título final, con esa mestura letal en ataque entre Van Persie e Rooney. Sen embargo está claro que Hazard vai dar grandes tardes de fútbol. O Atlético de Madrid xa pode sacarlle brillo ás botas de Falcao para o encontro de Supercopa de Europa deste venres, porque lle vai facer falta que estea ao 100% para vencer a este novo Chelsea.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook