Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 16
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Francia e Inglaterra meten a directa

    Tras a exhibición de España contra unha débil Irlanda deste venres e as penurias dunha Italia que non dependerá de si mesma na última xornada da fase de grupos, onte os ollos estaban postos en Francia e Inglaterra. Os dous venceron aínda que as sensacións son ben distintas en cada caso. Francia, aínda que cun fútbol intermitente e unha primeria parte moi frouxa, gañou ao anfitrión, Ucraína, por 0-2. Cando combinan os galos son imparables, e sobre todo se Benzemá se destapa como un asistente de excepción. Polos locais apenas o incombustible Shevchenko levou perigo real. Dispuxo de boas ocasións, en moitos casos creadas por el mesmo e amosando un compromiso total co seu país. Ucraína todavía ten esperanzas de pasar na última xornada.

    En canto a Inglaterra, venceu nn duelo cuasi épico contra Suecia, por 2-3 cunha remontada para cada equipo. Cando semellaban que os escandinavos se ían levar o choque -pese a que Ibrahimovic está moi fallón e, que novidade, tremendamente individualista- apareceu Walcott, primeiro para empatar cunha folla seca de libro e despois para internarse no área ao máis puro estilo Messi e pasar para que Welbeck marcase de tacón. Un gol precioso pero cunha importante dose de sorte.

    Ou Francia ou Inglaterra deberían ser os rivais de España en cuartos de final, polo visto onte La Roja non tería que ter excesivos problemas con ningún deles.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook