Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 10
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Falcao marca a diferenza

    En Bucarest xogaron esta noite as gañas e a inocencia do Athletic Club de Bilbao fronte á experiencia do Atlético de Madrid. Agardábase un resultado final igualado, pero nada máis lonxe da realidade. Os madrileños teñen máis homes capaces de marcar as diferenzas se erra o fútbol colectivo, igual por iso gañaron pero, sobre todo, gañaron porque teñen a Radamel Falcao. El Tigre ergueu a súa segunda Europa League consecutiva e, igual que asombrou ao mundo co FC Porto, este ano os seus goles percorrerán o planeta. Dous zarpazos que se sacou da nada, dous goles que se fabricou el mesmo, foron a clave. Sobre todo o primeiro, un gol precioso nada máis comezar e cando máis sufría o seu equipo. Asi non houbo opción para o vascos. Diego meteu o definitivo 3-0 tras un regate de calidade, porque a velocidade non se veu por ningures nesa xogada.

    Os dous conxuntos teñen moito talento, pero hai que deixar a un lado os tópicos de que nun equipo xogan 11. Sen Falcao en punta hoxe a historia sería moi distinta. Aposto unha costela a que Falcao no viste de vermello e branco na próxima tempada.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook