Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 04
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Falcao está a tirar os seus mellores anos

    O sinto moito polos colchoneros, pero a realidade é que Falcao está a tirar os mellores anos da súa carreira futbolística nun equipo que apenas aspira a xogar a Champions League. Esta semana todo son eloxios para o dianteiro colombiano tras a súa exhibición na final de Superciopa de Europa, na que destrozou ao Chelsea. Sen embargo, todo iso se acabará e os focos mundiais deixarán de ollar para el en canto comece a rodar o balón na maior competición continental.

    Confeso que me deu moita pena non poder ver a Falcao participando en Champions con aquel FC Porto no que facía unha perfecta combinación en ataque con Hulk. Na miña opinión deu un paso atrás na súa carreira e segue a pagalo. Falcao tiña que estar aspirando a gañar a Champions nun clube de primeiro nivel, e, por moito que todos falen marabillas de Adrián, basta con ollar unha alineación dos de Simeone para comprobar que non se trata dun equipo que poida aspirar a todo. Sobre todo na parcela defensiva. Ogallá Falcao acabe cedo nun clube á súa altura e se poida medir aos mellores en igualdade de condicións.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook