Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 05
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Equipos clásicos enriquecerán as ligas europeas

    As principais ligas europeas contarán o vindeiro ano cun punto de maior interese, xa que en case todas elas ascenderon equipos clásicos. De momento, Inglaterra e Italia se levan a palma, descartando, claro está, o regreso dos principais equipos galegos á Liga española.

    Á Premier League ascenderon de xeito directo o Reading e o Southampton. Pero sen dúbida os seguidores deste fútbol están de noraboa polo regreso dun grande de Londres, cando menos no que a número de siareiros e entrega dos mesmos se refire: O West Ham United. Venceu o Play-Off cunha final en Wembley, onde as grandes citas do fútbol inglés, por 1-2 ao Blackpool. Este clube clásico regresou a elite un ano despois de descender e baseou o seu fútbol nun ataque letal. Foi o equipo con máis goles, un total de 88, e conta con dianteiros como o coñecido noruego John Carew, que está de retirada e só fixo un gol, ou o xogador de Guinea-Bissau con nacionalidade portuguesa Ricardo Vaz Tê, alma do West Ham tanto polo seu talento como polos seus goles en punta. Tamén foi importante a faceta goleadora do inglés Carlton Cole.

    En Italia, pola súa banda, xa subiu o Torino como subcampión da Serie B. Gañou, aínda que cos mesmos puntos, o descoñecido Pescara, que sen embargo se caracterizou por un fútbol de toque e nada especulativo. Pero a vista está posta agora no play-off. Alí está encuadrado un clásico, a Sampdoria, que sofreu máis da conta na súa primeira tempada na categoría de prata do fútbol italiano. Os xenoveses mídense na final ao Varese, clube do norte profundo, lindando con Suíza. A resurrección dunha Sampdoria que semellaba sentenciada a outro ano na Serie B hai uns meses estivo liderada polo dianteiro italiano de 25 anos Nicola Pozzi. Os seus 13 goles foron clave.

    Ogallá ascenda a Sampdoria e volten os clásicos ao lugar que lles corresponde para dar máis colorido ao fútbol europeo.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook