Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 22
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Francia non manda o petróleo

    Millóns en inversións chegados dun propietario árabe rico en petróleo serviulle ao Manchester City para vencer a Premier League a ao Málaga para entrar en Champions, pero en Francia, polo menos este ano, non manda o petróleo. O macroproxecto do xeque do PSG atopouse coa oposición férrea dun modesto Montpellier que resistiu contra todo prognóstico ata o final e esta fin de semana gañou a súa primeira liga. Non só resistiu a presión ao longo de todo o campionato, senón que o domingo venceu o seu partido contra o Auxerre resistindo a unha afeccion que converteu o xogo nun inferno. Os locais xogaban por non descender, pero as cousas estaban claras e os siareiros do Auxerre, un clásico de Francia, campión de liga en 1996, obrigaron a suspender o partido en varias ocasións co seu enfado,expresado a modo de lanzamento de bengalas e pelotas de tenis. O Montpellier xa sabía que o PSG gañara por 1-2 en Lorient, e aínda tiña minutos por diante con empate a un tanto despois de que Utaka neutralizara o gol do local Kapo. Pero de novo Utaka, lonxe de arrugarse, fixo o 1-2 e sentenciou a liga.

    Calquera que non fora de París desexaba que gañase o Montpellier. Esta cidade do sur de Francia duns 250.000 habitantes vive agora un soño e unha auténtica marea laranxa.

    En canto aos máximos goleadores Giroud do Montpellier e Nené do PSG empataron, pero o primeiro marcou menos penaltis e leva o trofeo. Mágoa para o excéltico que se vai de baleiro tras facer un temporadón.

    Xa empezan a sonar grandes estrelas e cantidades de euros astronómicas para o PSG que chegarán este verán. Será preciso un novo milagre para que os parisinos non gañen a vindeira liga.

    Ascensos e descensos

    Xunto ao Auxerre baixan á Ligue 2 o Dijon e o Caen. Ascenden á primeira Bastia, Reims e Troyes. Por certo, que unha das estrelas do Reims e das claves da súa boa tempada é o centrocampista arxelino ex do Celta Ghilas.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook