Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 21
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    E agora que Neymar non gaña?

    Todo apunta a que Neymar non sairá do Santos ata 2014. Sen embargo, o mediático atacante brasileiro dixo en varias ocasións que non lle importaba seguir no Peixe, ademais de polo seu alto salario, porque estaba nun clube que gañaba títulos. Pois ben, iso semella que rematou. Aínda que venceu hai escasas semanas o Campionato Paulista, o seu obxectivo era revalidar o título da Copa Libertadores e poder desputar o Mundial de Clubes outra vez. Sen embargo onte o Santos caeu en semifinais fronte ao Corinthians. O 1-1 en Sao Paulo, con gol do propio Neymar, non serviu para que os Meninos da Vila acadasen a final. Perderon en casa por 0-1 hai unha semana. A estratexia pragmática e aburrida do Corinthians pode dar un resultado excelente.

    Que fará agora Neymar? sobre todo sabendo que as opcións do Santos para gañar o Brasileirao son escasas, xa que nun torneo regular o talento do Peixe non adoita funcionar. Os grandes clubes europeos, nomeadamente o Barça, teñen agora un bo argumento para convecer ao que pasa por ser o xogador de fútbol máis divertido do panorama mundial.

    Esta madrugada o Boca Juniors deberá ser o seguinte finalista da Libertadores. A non ser que o Universidad de Chile logre remontar en Santiago o 2-0 que se levou nas costas na Bombonera.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook