Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 14
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dous grandes, o alemán de moda e a irrupción dun armenio

    A xornada de partidos de clasificación para o Mundial de Brasil 2014 deixou un bo número de nomes propios, a comezar polo enésimo mal partido de Cristiano Ronaldo con Portugal. Unha Rusia que sumou ao seu talento en ataque e medio campo -con nomes como Denisov ou Dzagoev- o pragmatismo propio dun equipo adestrado por Fabio Capello, venceu cun tempraneiro gol. Sen embargo, a fin de semana de fútbol internacional estivo marcada polo gran partido dos outros dous principais cracks mundiais: Messi e Falcao. El Tigre, acompañado pola mellor xeración de futbolistas colombianos en moitos anos, amosou que o país do café quere estar na Copa do Mundo e non para ser un equipo orquestra.

    Bélxica gañou a Serbia por 0-3 e deu un golpe na mesa para voltar ás grandes citas. É certo que con máis eficacia que bo fútbol, pero os Hazard, Kompany, Vermaelen, Vertonghen, Dembele e Witsel merecen estar na cita de Brasil, aínda que só sexa pola calidade que amosan nos seus respecitvos clubes.

    Chama a atención a goleada por 1-6 que Alemaña endosou á Irlanda de Trapattoni. A clave estivo no xogador alemán máis en forma: Marco Reus. El só está mantendo ao Borussia Dortmund en ataque e o venres marcou os dous primeiros goles. Kroos tampouco se quixo quedar atrás.

    As dúas "sorpresas" da xornada internacional foron Kaká e o armenio Mkhitaryan. O primeiro asinou un grande partido coa canarinha e todo apunta a que quere loitar pola titularidade no Madrid. O segundo anotou o único gol de Armenia na derrota por 1-3 contra Italia. Sen embargo o punta amosou que é un dos arietes máis en forma do vello continente. Leva nada menos que 14 goles na liga de Ucraína en apenas 11 partidos. A este nivel non estará moito tempo no Shakhtar Donetsk.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook