Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 05
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    De Van Persie a Osvaldo: nomes propios da xornada

    A piques de comezar a fase de clasificación europea para o Mundial de 2014, aínda temos a mente na última xornada nas principais ligas do continente. Arrincan con enerxía e moi bos encontros en moitos casos. Varios futbolistas brillaron con luz propia esta fin de semana. O primeiro, como non , é o de Robin Van Persie. O holandés anotou tres goles nunha nova remontada do Manchester United e xa leva catro co seu novo clube. Semella que ninguén lle discutirá o trofeo de máximo goleador da Premier desta volta. Cazorla devolveu ao Arsenal ao xogo combinativo, tamén a reseñar.

    Se damos o salto a Francia a cousa está clara: Dous novos goles de Ibrahimovich bastaron para que o PSG -que xa comeza a depender del como pasa en todos os equipos nos que xoga- sumase a súa primeira victoria. Segue a deixar demasiadas dúbidas o proxecto multimillonario dos parisinos.

     

    En Italia, máis alá dunha Juve que comezou dominando con claridade, como cabía esperar, destacan os tres tantos de Pazzini para o Milan. Consegue lavarlle a cara a un equipo que, francamente, vai sufrir incluso para entrar en Europa. Pero a destacar a Roma, adestrada polo sempre valente Zdenek Zeman. Fútbol espectáculo e grande victoria por 1-3 ante o Inter. Sen moito orden defensivo pero cun ataque voraz a Roma semella ser o animador deste Scudetto. Francesco Totti, que repartiu fútbol dende a media punta coma se non pasaran os anos por el -mágoa que non estea a este nivel todos os partidos- e sobre todo Osvaldo, que conta os encontros por golazos dignos de enmarcar, fan soñar aos siareiros da A.S. Roma con pelexar o título ata o final.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook