Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 26
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Corinthians-Santos e Boca Juniors-U. de Chile nas semis de Libertadores

    A Copa Libertadores chega ás semifinais. Esta semana, cando o fútbol de clubes remata en case toda Europa, a máxima competición de Sudamérica prosegue o seu curso. Tres grandes do continente e o equipo de moda, o Universidad de Chile, quedan vivos na competición.

    Os chilenos mediranse ao Boca juniors. O fútbol arxentino, pese a estar en crise profunda, mantén o nivel competitivo. Os xeneizes eliminaron no último minuto do partido de volta ao Fluminense, cando todo pintaba a penaltis. Carleto, de tiro lonxano e con sorte nos rebotes, igualara a eliminatoria. Pero os de Deco e Thiago Neves quedaron con cara de parbos cando o "Tanque" Santiago Silva clasificaba in extremis aos de Bos Aires.

    Na outra semifinal haberá duelo brasileiro. O Santos, actual campión da Libertadores e tricampeón do Paulistao se medirá ao Corinthians, actual vencedor da liga local, o Brasileirao. O talento e fútbol espectáculo do Santos verase as caras coa sobriedade defensiva, especulación e por veces xogo aburrido do xigante de Sao Paulo.

    Por certo, que o Santos de Neymar tivo que recurrir aos lanzamentos dende o punto de penalti para selar o seu pase de rolda. Moita guerra lles deu o Vélez Sarsfield arxentino.

    O Corinthians gañou por un pírrico 1-0 a outro equipo do Brasil, o Vasco da Gama, que xogou peor pero tivo ocasións claras para seguir vivo na competición.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook