Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 22
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Coimbra volta a entonar o seu fado 73 anos despois

    O Académica Coimbra é un dos clubes máis queridos de Portugal pola súa orixe estudantil, sen embargo, nunca se destacou polos grandes éxitos deportivos nun país onde prantar cara aos tres grandes é pouco menos que unha heroicidade. Este domingo os de Coimbra fixeron historia xusto nunha tempada na que a piques estiveron de descender. Salváronse gañando os dous últimos partidos de liga e remataron por vencer a Taça de Porugal sorprendendo a un Sporting de Portugal de Sá Pinto ao que se lle acaba o crédito. Os adestrados por Pedro Emanuel saíron moi enchufados. Marinho marcou de cabeza aos catro minutos e puideron facer máis goles nos primeiros 15 minutos, ata que os Leoes espertaron. Un equipo co talento de Adrien non podía rematar a liga de mala forma, e o Académica demostrou que sempre tivo mimbres de grande. A cidade foi unha festa total, pois o seu equipo, a Briosa, como lle chaman, logrou a súa segunda Taça de Portugal. A primeira caeu hai 73 anos e dende entón as vitrinas da cidade universitaria non recibiron outro título. Vai sendo hora de desempolvar eses mobles. Parabéns Académica!!

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook