Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 12
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Brasil está verde

    Brasil apraza a medalla de ouro de fútbol, o único título que lle falta, e terá que loitar por ela nos seus Xogos. O certo é que a Canarinha, practicamente co equipo A, nunca xogou como se agardaba pese a que gañou con suficiencia ata a final. Pragado de estrelas que non souberon xogar en equipo pero, sobre todo, na final non souberon reaccionar con cabeza ao temprano gol de México. Moi precipitados en todo momento.

    Os mexicanos, pola súa banda, son os grandes triunfadores do torneo olímpico de fútbol. Teñen unha xeración de moita calidade que pode dar sorpresas aos seus compatriotas no próximo mundial, sobre todo se aderezas este equipo con homes coma "Chicharito" ou Guardado. O bronce recaeu en Corea do Sur nun duelo case fraticida contra o Xapón. Un derbi cheo de tensión, incluso política. A destacar polos coreanos o nome de Chuyoung Park. Talento do Arsenal que xa debería ter explotado e que destaca pola profundidade dos seus pases entre liñas.

    En mulleres, Estados Unidos voltou a ser a campiona, pero desta volta contou cunha impresionante axuda arbitral, tanto nas semifinais contra Canadá coma na final contra Xapón. Calidade pura no país do sol nacente por parte de Sawa, que deixa a selección e de Kawasumi. Polas yankees, ademais da famosa porteira Hope Solo, destaca en punta Morgan, cunha mobilidade tremenda. Tamén a autora dos dous goles da final, Lloyd. Canadá por fin acadou un grande éxito, máis que merecido, e foi bronce. Sen embargo, no seu encontro decisivo Francia foi moi superior e só caeu no tempo de desconto.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook