Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 03
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Brasil: Entre a Copa e os estaduais

    Brasil, o xigante sudamericano, ten a varios dos seus principais equipos inmersos na Copa Libertadores e a liga, o Brasileirao, non comeza ata o 20 de maio. Sen embargo, nun país onde o fútbol é máis importante incluso que a relixión, o espectáculo non está parado nin moito menos. Todos os estados que compoñen a federación brasileira disputan os seus campionatos estaduais que acaban de entrar na súa fase decisiva. Ademais, está en disputa a Copa do Brasil, nunha competición na que non participan os equipos de Libertadores, á que se clasifican os conxuntos a través dos estaduais do ano pasado, e que ten como curioso formato que os xogos se disputan no campo do teóricamente inferior. Se o foráneo acada unha vitoria por dous ou máis tantos elimina o partido de volta, en caso contrario se xoga a volta coma no sistema da Copa do Rei en España.

    O principal estadual é o Paulista. Tras unha liga de 20 equipos a unha soa volta pasaron a cuartos de final os catro grandes do estado de Sao Paulo: Corinthians, Sao Paulo, Santos, e Palmeiras. Acompañados polo Guaraní, que foi terceiro, o Mogi Mirim, o Bragantino e a Ponte Preta. A sorpresa estivo nos cuartos de final. O Guaraní e exhibiu o seu grande momento de forma e deixou atrás ao Palmeiras por 3 goles a 2.  O Corinthians amosou unha vez máis o mal que se lle dan as eliminatorias directas. Caiu na súa casa por 2-3 fronte a Ponte Preta. Máis sólido estivo o Sao Paulo fronte ao Bragantino (4-1). O Santos de Neymar, actual campión, se desfixo do Mogi Mirim por  2-0.

    Nas recentes semifinais o Guaraní gañou 3-1 á Ponte Preta de Serie A e o Santos gañou ao Sao Paulo por 1-3. A final está marcada para este domingo día 6. O grande fracaso deste Paulistao foi a Portuguesa, recén ascendida a Serie A e que como non se reforce vai pasalo moi mal en liga.

     

    Novo fracaso do Flamengo

    O Flamengo tamén fracasou no estadual Carioca, o de Río de Janeiro. Este estadual divídese en dúas copas:a Taça Guanabara e a Taça Río. A final se disputa entre os vecedores de cada una delas, que se proclamará gañador do estado. Se un equipo gaña as dúas roldas é automáticamente proclamado campión.

    Na Taça Río gañou o Fluminense, na final impúxose ao Vasco por 1-3. Flamengo e Botafogo caeron en semifinais. Na Taça Guanabara, que concluiu esta fin de semana, gañou o Botafogo. Venceu a final ao Vasco por 3-1, con dous goles de Abreu. Flamengo voltou a quedar fóra en semifinais. Mal resultado que se suma ao seu fracaso en Copa Libertadores. O domingo Fluminense e Botafogo dispútanse o título do estado.

     

    Mineiro e Gaúcho

    Os campionatos de Minas Gerais (Mineiro) e de Río Grande do Sul (Gaúcho) son os outros grandes. No Mineirao destaca que a final non a disputará o Cruzeiro. Os outros dous grandes do estado se xogan o título o domingo: Atlético Mineiro e América Mineiro.

    No Gaúcho o Gremio de Porto Alegre xa non pode aspirar ao título. A final a disputan o Internacional de Porto Alegre e o Caxias.

     

    Outros estaduais

    Brasil está composto por 27 unidades federativas. Cada un co seu campionato de fútbol, e en moitos deles con varias divisións. Máis alá dos catro grandes, nos que presentan un nivel máis alto destacan os seguintes:

    Coa final tamén o domingo o Santa Cruz e o Sport xogan o Pernambucano.

    Atlético Paranaense e Coritiba xogan a dobre partido a final do Paranaense.

    No norte a final Paraense a xogan Cametá e Remo.

    Atlético Goianense e Goiás se xogan o título do Goiano.

    Fortaleza e Ceará dispútanse o Cearense.

    Outro clásco, o que enfronta a Avaí e Figueirense, decidirá o Campionato Catarinense.

    O Vitoria e o Bahía protagonizan una das mellores finais. Neste caso loitan polo Campionato Baiano.

     

    Os grandes da Copa

    No que respecta a Copa do Brasil, a competición acadou xa os cuartos do final, aínda que todavía resta por disputarse algún xogo de oitavos.

    En cuartos xogarán o vencedor do Palmeiras-Paraná contra o do Cruceiro-Atlético Paranaense.

    O Gremio venceu hoxe mesmo e xogará contra o que gañe entre Portuguesa e Bahía.

    O vencedor entre Sao Paulo e Ponte Preta se verá as caras contra o que gañe entre Atlético Mineiro e Goiás.

    Finalmente, o vencedor entre Coritiba e Paysandú se medirá ao que gañe entre Botafogo e Vitória.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook