Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 16
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Boca Juniors vai a pola Libertadores

    Esta semana se disputaron os encontros de ida das semifinais da Copa Libertadores, nos que quedaron tres cousas claras: A primeira que o Boca Juniors non ía de farol cando Riquelme dixo que só tiña o desexo de levarse o máximo título continental; a segunda que o Santos de Neymar non era invencible en Sudamérica e ten moi complicado o seu bilelte para a final; e a tercerira que ver un partido do Corinthians, co seu pragmatismo defensivo, é cada vez máis aburrido.

    Comezando por Boca, venceu cun solvente 2-0 en La Bombonera e cun fútbol moi intenso ao Universidade de Chile, que era o equipo de moda do continente e polo que moitos apostabamos como finalista. Os goles do "Tanque" Silva e de Sánchez Mino poñen moi complicada a eliminatioria para o conxunto universitario. Terá que confiar na remontada a madrugada do vindeiro venres en Santiago de Chile.

    En canto ao derbi brasileiro entre Santos e Corinthians, os segundos impuxeron o seu fútbol lento e aproveitaron á perfección o gol do sempre sorprendente Emerson "Sheik", punta que xoga pola banda esquerda, nacionalizado Catarí e que está asinando unha brillante Copa Libertadores no seu regreso ao fútbol brasileiro. Moitos erros no ataque do Santos e en Sao Paulo será moi complicado que os Meninos da Vila lle dean a volta ao marcador para seguir coa andaina triunfal dos últimos anos.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook