Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 10
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Bágoas de ledicia en Tahití

    Os egocéntricos europeos temos os países paralizados, máis se cabe, por mor da Eurocopa 2012. Cremos que todo o planeta fútbol ten os seus ollos postos nas nosas seleccións, cousa en parte certa. Sen embargo, obviamos o que sucedeu onte na Copa Oceania de nacións. Tahití proclamouse esta madrugada campiona continental e, polo tanto, sacou billete para a Copa Confederación, onde estará España. As bágoas de ledicia dos xogadores tahitianos explícase polo feito de que neste continente todos os torneos foron gañados por Australia -que xa non o disputa tras pasarse á Confederación Asiática- ou por Nova Zelandia. Os últimos fracasaron con estrépito. Perderon en semifinais fronte a Nova Caledonia e, aínda que hoxe se impuxeron na loita polo terceiro posto ás Illas Salomón (3-4), o bronce é un resultado lamentable para os All Blacks, que sen embargo seguen vivos na loita por acudir ao Mundial de Brasil 2014.

    Polo tanto, a finalísima de Oceanía era un derbi francófono: Tahití-Nova Caledonia. Impuxéronse os primeiros cun gol de Steevy Chong Hue no minuto 11. Os tahitianos teñen máis experiencia histórica e ademáis veñen de xogar un Mundial sub 20, o de Exipto 2009. Ata hoxe foran tres veces subcampións de Oceanía, nas tres primeiras edicións. E non estaban nunha final dende 1996. Nova Caledonia, pola súa banda, tivo a mala sorte de perder a súa terceira final consecutiva. Leva demasiado tempo rondado o título sen dar un paso adiante.

    O percorrido de Tahití nesta fase final arrincou cun primeiro posto no Grupo A. Comezou gañando por 1-10 á frouxa Samoa cun curioso feito: Nove deses goles os meteron catro membros dunha mesma familia: Os Tehau, que poden estar ben orgullosos. O outro o marcou o heroe de hoxe, Chong Hue. Despois gañou por 4-3 a Nova Caledonia, que ficou no segundo lugar do grupo, e finalmente gañou por 4-1 a Vanuatu. Con este primeiro posto Tahití evitou a Nova Zelandia en semifinais, onde venceu a Illas Salomón por 1-0 con gol de Jonathan Tehau.

    Nova Caledonia sufriu a derrota de hoxe despois de deixar polo camiño a hexemónica Nova Zelandia en semifinais por 0-2 con goles de Kai e de Nyikeine.

    Parabéns a Tahití por esta xesta histórica e gocen da Copa Confederacións dentro dun ano!!!

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook