Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 05
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Asia, Dos Santos e as estrelas de Brasil

    Giggs non poderá acadar o único título internacional polo que loitou na súa vida. Gran Bretaña caeu a penaltis contra Corea do Sur. Os coreanos fixeron, sobre todo, un gran comezo de partido e a súa presenza non desmerece as semifinais. Como xa comentei, están a ser os Xogos Olímpicos dos asiáticos no que a fútbol se refire. Xapón xa está na outra semifinal tras zarandear a Exipto, á que venceu por 3-0. Os creadores de Oliver e Benji teñen por fin unha xeración que semella concienciada de xogar ao fútbol e gañar partidos, aínda que seguen a pecar de falta de puntería. O marcador o abriu Kensuke Nagai, que pasa por ser un dos xogadores cun futuro máis prometedor do país do sol nacente.

    Os xaponeses mediranse a México, que venceu na prórroga, aínda que por 4-2 a Senegal, unha das grandes sorpresas da primeira fase. As categorías inferiores do fútbol mexicano levan anos despuntando e esta pode ser a súa grade cita. O papel de Dos Santos no ataque é fundamental.

    Moito máis complicado o terá Corea do Sur para estar na final, pois enfronte se atopará con Brasil. A canarinha sufriu moitísimo máis da conta para desfacerse de Honduras. En Centroamérica xa soñaban con eliminar á Selecçao tras a súa machada fronte a España. O caso é que Brasil tivo que remontar en dúas ocasións e desta volta non foi Oscar o que tirou do equipo, senón Neymar. O craque marcou de penalti pero, sobre todo, levou o peso do ataque dos seus e iniciou as xogadas que remataron nos dous goles decisivos de Leandro Damiao.

    O Brasil venderá caro o ouro, pero os asiáticos poden colgarse dúas medallas ao peito. Grande nivel o que amosa o seu fútbol.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook