Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 10
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Alemaña asesta o primeiro golpe no grupo da morte

    Sen un fútbol brillante e xerando menos perigo que unha Portugal para a que a falta de puntería pasou de ser preocupante a rozar a comicidade, Alemaña asestou o primeiro golpe no grupo da morte, sobre todo tras a incomprensible derrota de Holanda perante Dinamarca, que pasaba por ser a cincenta do grupo.

    A historia sería ben distinta se Pepe anotase o balón que estrelou no longueiro e botou na raia, se Nani non dera coa madeira ou se Varela non acertase con Neuer cando tiña todo de cara para marcar. Pero Portugal perdeu por 1-0 entre outras cousas porque os lusos non teñen un dianteiro cun mínimo de calidade e Alemaña ten a Mario Gómez. O xigante de ascendencia española aproveitou o único erro defensivo de Pepe para marcar de cabeza e amosar que é un dos homes-gol de moda no vello continente.

    En canto ao xogo de Holanda, foi bo, xerando moitas ocasións e pagando en demasía a súa frouxa defensa. A mala sorte volta a cebarse cos laranxas, sobre todo con Robben, que se estrelou unha e outra vez coa falla de puntería, os paus ou o porteiro dinamarqués. Os que partían como máis humildes defenderon con orde, resistiron as embestidas holandesas e marcaron cun gol de bela factura e determinación obra de Krohn-Dehli.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook