Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 06
    Enero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Afunde o fútbol de Atenas?

     No capítulo de grandes equipos en apuros hai moitos casos diferentes. Dende o descenso do Palmeiras ou o máis exótico do Gamba Osaka xaponés, que pese a todo foi subcampión da Copa do Emperador, ata as crises de Liverpool e Milan que se están a resolver nas últimas semanas. Ningún destes dous aspiran a gañar o título pero sí a achegarse ou incluso entrar nos postos que dan opción a disputar competición europea o vindeiro ano. Pero se algo apunta a alarmante nesta entrada de 2013 é a situación dos dous principais equipos de fútbol de Atenas: O Panathinaikos e o AEK Athens. Hai que lembrar que o único dos tres grandes do fútbol grego que mantén o nivel, e vai gañar a liga outra vez, é o Olympiakos, da cidade de O Pireo.

    O segundo equipo histórico do país heleno, un Panathinaikos que suma 20 títulos ligueiros na súa historia, atópase nestes momentos noveno a 22 puntos do líder e máximo rival. Máis grave é aínda a situación o AEK, o terceiro equipo do país con 11 ligas. Son penúltimos, en postos de descenso, e esta semana voltaron a perder. Semella que non hai moita saída para un conxunto que ademaís sufre unha sequía de títulos de liga dende 1994. A culpa disto é claramente da crise económica que asola Grecia e que impide a estes dous equipos ofrecer salarios atractivos para xogadores de calidade. O AEK, sobre todo, conta cunha plantilla formada por xente moi xoven e practicamente descoñecida no panorama internacional. Só tres victtorias e 12 goles a favor en 16 partidos reflexan a impotencia dun AEK que apunta ao descenso.

    Os amarelos apenas teñen catro estranxeiros, entre eles o español Miguel Ángel Cordero. E o seu futuro semella ligado á pouca aportación que poidan ofrecer homes como o atacante Andreas Stamatis, de 19 anos e que leva tres goles en 8 partidos xogados. No medio do campo un dos poucos que salva os mobles é o xoven Taxiarchis Foundas. Con 17 anos xoga case todo e marcou tamén tres goles. Agardo que ambos clubes melloren e sobre todo que o adestrador alemán Eward Lienen acerte á hora de salvar ao AEK do descenso.

    Esta situación beneficia a equipos máis descoñecidos, como o Asteras Tripolis, precisamente o rival do pasado sábado do AEK. É terceiro tras Olympiakos e PAOK de Salónica. Aguantará o tirón no seu soño de meterse na próxima Champions League?

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook