Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 08
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A volta da Juve e a vinganza de Pirlo

    Volveu a Juventus. Os habitantes de Turín -polo menos unha pequena parte, pois a maioiría son do, agora modesto, Torino- xa teñen motivos para sorrir. O seu equipo acadou esta fin de semana un Scudetto moi simbólico, despois de anos de exilio dos grandes éxitos e de pasar incluso pola Serie B tralos seus problemas coa xustiza. O 0-2 en Cagliari -compaxinado coa derrota por 4-2 do AC Milan ante o seu máximo rival, o Inter de Milán que fixo unha das peores campañas dende que teño memoria- serve para sentenciar unha liga que os bianconero dominaron todo o ano e no que non perderon nin un partido! aínda que suma 15 empates. A ver se non estropea esta marca na última xornada. Ten especial sabor de boca para estrelas como Del Piero, o auténtico símbolo deste clube que o deixa este ano, ou o porteiro Buffon. Os dous, xunto a outros que xa non están como Nedved, se mantiveron fieis á Juve cando eran estrelas mundiais na segunda división, e esta fin de semana puideron gozar do retorno á elite do clube dos seus amores.

    A parte positiva: a boa presión en medio campo da Juve de Conte, o seu carácter gañador, o poderío físico e, sobre todo, o talento de Pirlo no medio do campo. Toda unha vinganza para o Milan que este ano non quixo renovar a Pirlo porque pedía unha subida de salario. Hoxe Pirlo é de novo campión de Liga nun dos máximos rivais do seu exequipo. Tamén a destacar o traballo de Marchisio na medular.

    A parte mala: coido que Conte, para o que casi só teño palabras boas, non lle deu a Del Piero o protagonismo que merecía na súa última tempada na Juventus. Non está para titutlar, pero sí para xogar máis minutos.

    A parte extraña: Ibrahimovic, que salía a liga por ano, se queda sen ningún título xusto no mellor ano da súa carreira deportiva. Está a un nivel espectacular e marcou nada menos que 28 goles, moitos deles dunha factura excelente. Tamén é digno de destacar a importancia que tivo o novo estadio, o Juventus Stadium, en aupar a La Vecchia Signora ao título.

    Por certo, que o día 20 deste mes a Juve se xoga o doblete. Enfróntase ao Nápoles na final da Copa de Italia. Sería un broche de ouro para Del Piero. Tampoco neste torneo perderon un partido, polo que esta campaña están invictos en partidos oficiais, un dato que asusta.

     

    O Ajax ergue de novo o título

    Na Eredivisie cumpriuse o prognóstico dos últimos meses e o Ajax proclamouse campión. Esta semana sentenciou ao vencer por 1-3 ao Vitesse con goles de Bulykin, Ooijer e Vertonghen. Os de Ámsterdam logran a súa 23 Eredivisie.

    O Feyenoord métese segundo en postos de Champions League, unha sorpresa para moitos neste ano.

     

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook