Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 22
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A pegada italiana en Sudamérica

    É moi difícil esclarecer que país aportou máis ao fútbol ao longo da historia. Os ingleses codificaron e, polo tanto, inventaron o fútbol moderno, sen embargo foron os brasileiros os que levaron este deporte á súa máxima expresión, tirando de jogo bonito e levantando cinco títulos mundiais. Mais, na miña opinión, o fútbol sería un deporte moi distinto sen a existencia de Italia. Non polo seu tradicional estilo defensivo, pero si pola súa mentalidade gañadora e polas grandes historias de rivalidade entre os clubes do país da bota.

    A Azzurra ergeu catro Copas do Mundo, como exemplo do carácter competitivo dos italianos. O que quizáis non coñece moita xente é que grandes clubes do mundo fóra de Italia deben a súa existencia aos inmigrantes deste país. E ademais sempre adoitan ser clubes con fortes torcidas. Máis alá de pequenos equipos só formados por inmigrantes, destacan os dous grandes sudamericanos: Boca Juniors e River Plate. Os dous teñen a súa sede no barrio de La Boca e foron fundados por inmigrantes chegados da cidade de Xénova, que son a inmensa maioría dos habitantes deste barrio. River Plate incluso luce a bandeira desta cidade italiana nas cores da camisola -polo menos esa é unha das explicacións máis extendidas- e un caso semellante sería o de Boca Juniors. sen embargo, tras unha mala xeira de resultados os fundadores do clube apoiado pola mítica La Doce acordaron cambiar as cores da sua camisola polo da bandeira do primeiro barco que pasase polo porto. Quixo a casualidade que ese buque chegase dende Suecia, o que explica as cores azul e amarela da camisola Xeneize.

    Os xenoveses comezaron así cuha das rivalidades máis históricas do fútbol. Dous clubes que dividen a gran parte da Arxentina, igual que os apoios ao Genoa e a Sampdoria dividen en dous á cidade de Xénova, o berce de todo.

    Sen saír de Bos Aires, hai que destacar que outro dos equipos máis laureados da Arxentina, o Club Atlético Vélez Sarsfield, tamén foi fundado por italianos.

    Pero non só ao sur do Río da Prata existe esta pegada italiana. No xigante sudamericano,Brasil, tamén existe unha máis que nutrida descendencia transalpina e un dos clubes máis grandes times do país debe a súa existencia a eles. Trátase do Palmeiras, que agora está a sufrir cun máis que probable descenso á Serie B. Naceu co nome de Palestra Italia, e sempre representou aos italianos do Brasil. As autoridades obrigaron ao xigante paulista a trocar de nome por Palmeiras durante a Segunda Guerra Mundial, pois o Brasil apoiaba aos aliados e todo o italiano estaba mal visto neses momentos. Agora Palestra Italia é o nome do seu estadio e as cores da bandeira tricolor da República Italiana sempre están presentes nos símbolos dun equipo que rozou á perfección no Campionato que acadou en 1995, cun equipo ultraofensivo no que xogaban xuntos Rivaldo e Djalminha. Agora a directiva do Palmeiras agarda con entusiasmo que as autoridades competentes elixan o seu estadio para acoller os partidos da selección Azzurra no Mundial de 2014.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook