Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 12
    Febrero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A nova xeración dourada de Nixeria

     Nixeria recuperou o trono do fútbol africano. O país que dominou, xunto con Camerún, o fútbol do continente negro nos anos 90, conseguindo incluso o Ouro Olímpico en 1996, fora condenada á segunda fila continental ata este ano. O domingo gañou a Copa Africana de Nacións 2013, con certa sorpresa, pois a priori os favoritos eran Costa de Marfil e Ghana.

    Costa de Marfil caeu en cuartos de final e Drogba, Yayá Touré e compañía sumaron un enésimo fracaso coa súa selección e, probablemente, xa sexa demasiado tarde para eles, que acabarán deixando á súa selección sen erguer un título continental. Ghana, pola súa banda, caeu en semis fronte á grande sorpresa do torneo, Burkina Faso, representante dunha das escolas futbolísticas que máis está a desenvolverse en África nos últimos anos. O bo papel do atacante Wakaso -máximo goleador do torneo xunto ao nixeriano Emenike- non foi suficiente ante Burkina Faso. O equipo revelación estivo baseado, sobre todo, no bo papel dos seus defensas centrais Paul Koulibaly, do Dínamo de Bucarest, e Bakary Koné, do Olympique de Lyon. En ataque Burkina Faso contou co talento de Alain Traoré, que milita no Lorient e non puido disputar a final. Pero o seu home máis destacado, que foi elixido como o mellor xogador de toda a Copa África, foi o mediapunta Pitroipa, do Rennes.

    Nixeria contou cunha lista polémica onde destacaban nomes como Emenike, Moses ou Obi Mikel, coñecidos en Europa, ou o goleador da final, Sunday Mba, que xoga na liga local. Sen dúbida todos os seus compoñentes empezarán a sonar máis a partires de agora no vello continente. Ademáis, formarán grupo con España, Tahití e Uruguai na Copa Confederacións deste verán.

    A dicir verdade este torneo caracterizouse polo fútbol lento e aburrido en moitas fases. No capítulo positivo o bo papel de Malí, co país en guerra, e da debutante Cabo Verde, que chegou a cuartos de final contra todo pronóstico. No apartado de fracasos tamén hai que anotar o do fútbol árabe. Incluso Marrocos e as súas estrelas como Barrada caeron na primeira fase. Quizáis o seu maior rigor táctico non sexa suficiente para plantarlle cara á maior forza física das seleccións da África negra.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook