Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 12
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A falta de ambición de Francia e a sorpresa de Ucraína

    Os últimos dous partidos da primeira xornada da Euro 2012 nos deixou, sobre todo, unha nova demostración do medo que teñen as grandes seleccións a perder. Así, Francia e Inglaterra asinaron táboas a un gol nun encontro no que os ingleses rendiron ao nivel agardado pero os galos moi por debaixo. Blanc non se atreveu a ir a polo encontro cando ten moita máis pólvora e só un gol de Nasri lle permitiu puntuar. Deu entrada a Ben Arfa demasiado tarde. O do Newcastle era clave para cambiar o ritmo do xogo e amosar que Francia ten moito que dicir na competición continental. Non foi un bo partido en liñas xerais e da falta de ambición dos dous grandes do grupo se beneficiou unha das anfirioas: Ucraína.

    Os ucraínos, liderados por un Shevchenko que rexuveneceu ao defender o amarelo do seu país, protagonizou a que ao me entender é a sorpresa da primeira fase, pois venceu á Suecia de Ibrahimovic. O do Milan xogou este ano o seu mellor fútbol. Nunca na súa carreira rendiu ao nivel desta tempada pese a que se foi de baleiro en canto a títulos se refire. Pero Suecia non é o Milan. Onte marcou, pero a outra grande estrela sobre o céspede, a do equipo rival, fixo dous goles que fai que os ucraínos soñen con pasar a cuartos de final.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook