Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 17
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A enterna milagre grega

    Lonxe queda xa aquel 2004 no que unha sorprendente e conservadora Grecia se proclamou campiona da Eurocopa 2012. Sen embargo, era imposible que onte a cabeza non se desviara a aquel torneo. Grecia, sen máis estrelas que o cumplidor Karagounis, e cunha Rusia que estaba a ser a sensación do torneo, non tiña apenas opcións de pasar de rolda e onte debería despedirse da Eurocopa 2012. Sen embargo, o propio Karagounis logrou un tanto que sería definitivo e que deixaba aos rusos fóra do torneo para desesperación do público ruso, o máis numeroso de cantos se desprazaron a presenciar a fase final do torneo, neste caso a Polonia. Todo apunta a que os cuartos de final depararán un enfrontamento máis que suxerente entre Grecia e Alemaña, coa tormenta económica polo medio.

    O primeiro no Grupo A foi a República Checa, un conxunto que sempre dá o mellor de si nas Eurocopas, incluso cando comezan perdendo, coma neste caso, por una goleada (4-1 fronte a Rusia). Os checos seguen adiante na competición ao vencer a Polonia. Bágoas nos ollos dos siareiros locais que por primeira vez soñaban con pasar de rolda nunha Euro. Ao final non puido ser e só Ucraína, tamén cunha empresa difícil por diante, ten opcións agora de salvar o orgullo dos organizadores desta edición do torneo.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook