Blog 
In Lovely Nice
RSS - Blog de Sara González Conde

El autor

Blog In Lovely Nice  - Sara González Conde

Sara González Conde

Viguesa, apasionada de la moda, de las tendencias, y de la música.

Sobre este blog de Sociedad

En este espacio encontrarás entrevistas y reportajes a artistas de la verbena gallega y española, y un sin fin de consejos de moda y belleza.


https://twitter.com/inlovelynice

Archivo

  • 11
    Febrero
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Entrevista a Xurxo Castro, trompetista de la Orquesta Panorama

    Hoxe vos traio unha entrevista nova...  entrevista a Xurxo Castro, trompetista da Orquesta Panorama, quero darlle as grazas pola súa colaboración dende o primeiro momento e a Av Photo pola súa axuda, espero que vos guste!!

     

    1.Onde empeza a túa paixón pola música?

    A miña paixón pola música ven sen dúbida por cúlpa da terra onde nacín;Taragoña. Como xa saberás alí temos unha Tradición músical moi arraigada,tamén é terra de bos mariñeiros.Tamén é curioso que antigamente a maioria de músicos da zona eran carpinteiros.

     

    2.Cando foi a 1º vez que te subiches a un escenario?

    A primeira vez.... pois acá che adxunto unha foto dun articulo da Voz de Galicia.Foi o 23 de Novembro do 1986

     

    3.Cando decidiches emprender a túa carreira como músico?

    En principio empezas porque che gusta,porque e algo que te chama,pero non che saberia decir en que momento tomei a decisión porque creo que nunca cheguei a tomala,simplemente tomei ese camiño por unha serie de circunstancias e porque era de verdad o que eu queria facer.

     

    4.O que máis che gusta e o que menos da túa profesión.

    Posiblemente o que máis me gusta é estar en contacto coa xente e ter a oportunidade de mostrar o que sabes facer e si eso encima axuda a alguén a sentirse ben pois xa me sinto satisfeito. E o que menos non sei,posiblemente os horarios pero eso é un mal menor.


     

     

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook