Blog 
In Lovely Nice
RSS - Blog de Sara González Conde

El autor

Blog In Lovely Nice  - Sara González Conde

Sara González Conde

Viguesa, apasionada de la moda, de las tendencias, y de la música.

Sobre este blog de Sociedad

En este espacio encontrarás entrevistas y reportajes a artistas de la verbena gallega y española, y un sin fin de consejos de moda y belleza.


https://twitter.com/inlovelynice

Archivo

  • 23
    Diciembre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Entrevista a Alexandre Barcala, trompetista de la Orquesta Pontevedra

    Na entrevista desta semana, Alexandre Barcala, trompetista da Orquesta Pontevedra.Darlle as grazas pola colaboración e a Av Photo pola súa axuda! Espero que vos guste!

     

    1.¿Onde comeza túa paixón pola música?
    A miña pasión pola música xa ven dende pequeno, posto que escoitaba toda a música que poñían na radio e todo o que había na casa. Isto reforzouse cando comecei a estudar música na Banda de Música Xuvenil de Barro con 10 anos.
     

    2.¿Cando foi a 1º vez que te subiches a un escenario?
    A primeira vez que subín a un esceario foi con 10 anos, en Valga un 3 de setembro, que foi a primeira actuación coa Banda. Foi nun esceario de madeira, dos que xa apenas quedan.
     

    3.¿Cando decidiches emprendela túa carreira como músico?
    Con 14 ou 15 anos o meu mestre, D. Daniel Portas González convenceume de que podía estudar música, pero non sería ata os 18 cando comecei no Conservatorio de Pontevedra.
     

    4.¿Que é o que máis che gusta e o que menos che gusta da túa profesión?
    O que máis me gusta é que me divirto mentres traballo e que podo compaxinalo cos meus estudos, así traballo e estudo ó mesmo tempo. O que menos me gusta é que te perdes todos os eventos familiares, xa sexan bodas, bautizos, cumpreanos ou enterros e funerais.
     

    5.Na vosa profesión os meses de verán son moi dificiles... coméntanos un día normal da túa vida.
    Un día de verán para min en plena época de traballo é deitarse as tantas de vir de traballar(dependendo do lugar onde se toque e se traballas acompañado ou só) e erguerme ó mediodía, xa que intento facer vida normal para aproveitar os días. Xanto e se fai bo tempo(e me da tempo) vou á praia ou fago todos aqueles recados que teña que facer(se hai que facer xestións administrativas entón toca non durmir ou madrugar) e xa hai que sair para traballar. Se vou para lonxe é levantarse, xantar algo e marchar, así na casa pouco se para. No verán apenas teño tempo para estar coa familia e cos amigos.
     

    6.¿Cal é a opinión que tes do panorama musical actual?
    Se se me pregunta polo panorama musical en global penso que na actualidade hai moita diversidade de estilos, polo que a riqueza é grande, pero non hai cancións que se queden na miña cabeza como me pasaba coa música dos anos 80(quizá por iso me guste este tipo de música)e falo de calquera estilo, xa sexa rock,pop,etc.
    Se nos referimos ó panorama musical galego e das verbenas, penso que hoxe en día se está focalizando un tipo de orquesta no que ten que facer música de baile(cumbia,pasodoble,merengue...) e música de actualidade, co cal aqueles que queiran facer outra cousa non traballan. Ás veces gustaríame vivir aquela época na que se tocaban con moitos metais na orquesta, acordeón, contrabaixo...e se facían todo tipo de estilos:mambo, tango, fado, chachachá...
    .

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook