Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

De Fene, alérxico ao bipartidismo

Sobre este blog de Comarcas

Puntadas, pespuntes e ganduxes


Archivo

  • 15
    Julio
    2016

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Ser autónomo, e non morrer no intento

    A obstinación  por reafirmarse  na austeridade, presupón renunciar ás políticas de crecemento e rexeitar con iso á consolidación do sector de traballadores autónomos, prexudicando con esa precarización o desenvolvemento da súa función dinamizadora da economía e da xeración de emprego.

    Ser autónomo, e non morrer no intento

    Aínda considerando as bonificacións  de cota  que para os novos autónomos estableceu o marco lexislativo da  Lei de Emprendemento, o certo é que  as supostas  facilidades que se dan no  noso país para comezar a traballar por conta propia difiren nos substancial  das aplicadas como norma xeral  noutros países da contorna  europea nos qu paradoxalmente existe un menor índice de desemprego  e unha maior renda  per cápita.

    Circunstancia  que mais que alentar a modalidade desta alternativa como solución de autoemprego, vén salientar a situación de desfavorable agravio comparativo que mantemos cos países da nosa contorna, e por tanto, a situar a España nun pésimo lugar para o emprendemento de actividades laboral, desde o punto e hora que os nosos autónomos son os que peores condicións teñen entre  a case totalidade  dos membros da Unión.

    Sendo aspectos  como as excedidascotizacións sociais ou o elevado das cargas tributarias, que emprender un negocio no ámbito do marco xeográfico de radicación, resulte unha tarefa moito mais complexa que no resto dos países da nosa órbita, un escenario pouco alentador e a causa  pola que este colectivo de traballadores  que rolda unha taxa do 20% do total da poboación activa, a pesar do seu elevado peso específico no conxunto da economía produtiva, sexa o sector que maior esforzo fiscal soporta e o que menos contraprestacións e dereitos recoñecidos  recibe en compensación.

    Esta prolongación de trato desigual no tempo crea nos afectados a sensación de ser cidadáns de segunda, véndose forzados a asumir por iso, que o noso non é un país favorable  para este gremio, tal cal vén referendar a realidade das cifras  que á marxe de artificios propagandísticos sitúanos na actualidade nun censo de 200.000 autónomos menos que antes de estalar a crise económica no 2008, e todo,  no marco dunha tendencia descendente  do 9,2%, que non fai augurar nada bo, e moito menos  ao comprobar  que ese rumbo empeora no substancial cando remitimos a análise ao segmento de autónomos  que conseguen xerar emprego; datos que por negativos delatan a progresiva debilidade do sector poñendo en cuestión a veracidade outorgadaá tan repetida recuperación económica.

    Adversa conxuntura   que vén confirmar  o estrepitoso fracaso das políticas utilizadas polo PP no teórico impulso deste colectivo, ao centrar  o seu contido na exclusiva   aplicación do reclamo da bonificada tarifa plana, refugando a mais procedente alternativa de cotizar por rendementos e liquidar impostos de forma anual; tendo de engadir a iso outros aspectos relevantes como  a falta de clientes e as dificultades para acceder á vía do crédito, cuxa carencia ten nas  súas propias políticas de austeridade o maior dos atrancos ademais do seu factor  causante. Sendo  por iso, que a prorroga do actual  modelo mais que resolver a situación deste colectivo transcendental  na economía do país, produza o efecto contrario ao deprimila  aínda mais.

    Sendo por iso que sen abandonar as políticas de austeridade sexa imposible rescatar  aos autónomos dunha situación que por inadecuada, mais alá que desempeñar a función de dinamizadores  da economía, condúcelles a ter que asumir actitudes  de heroicidade no desempeño do seu labor, cando a clave da solución  mais que necesitar de improvisacións e anacronismos, require única e exclusivamente de solucións políticas, fundadas na percepción do papel esencial deste colectivo para a economía do país e a necesidade aplicar medidas paliativas á súa reducida capacidade de reacción  polo maior prexuízo que una prolongada crise repercute sobre  os que como eles, ven rebaixado  polos seus efectos o seu mermado músculo financeiro.

    Ser autónomo, e non morrer no intento

    Non existindo probabilidade de reconducir a situación sen mediar un xiro na política económica do país, pois sen a posta en práctica de alternativas distintas, o complexo labirinto dos autónomos, dificilmente logrará a súa solución; avalando tal parecer o fracaso colleitado durante os últimos anos, cando desde o ámbito político ao amparo do credo neoliberal as  medidas aplicadas como remedio a esta problemática,  non só non lograron o efecto esperado  senón que acentuaron  a súa complexidade, e todo, polo imperativo de dependencia da política económica estatal ás determinacións do marco europeo sobre austeridade, cuxa repercusión  botou  pola borda toda probabilidade de paliar os efectos da crise  coas medidas adecuadas ás necesidades deste colectivo.

    Procedendo reafirmar por tanto, que mentres se manteñan as políticas de axustes e recortes, e a ausencia de crecemento siga dominando  a situación, toda xestión do actual e futuro goberno, por mais optimismo que publiciten non fará mais que acentuar a deterioración dos autónomos , que ao ser en definitiva un dos motores de desenvolvemento económico e de xeración de emprego, fará notar negativamente as consecuencias  da  súa repercusión, tanto no ámbito xeral da   economía como na do mercado laboral.

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook