Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

De Fene, alérxico ao bipartidismo

Sobre este blog de Comarcas

Puntadas, pespuntes e ganduxes


Archivo

  • 08
    Abril
    2016

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Podemos débese aos electores

    Ten de ser o peso dos  resultados electorais  que  nunca  a presión dos mercados quen estableza  as alianzas de Goberno,  por iso é polo que Podemos  ante o rexeitamento do  PSOE e C's  a asumir  esta premisa, por afianzamento  democrático deba dar por resolta  toda vía de negociación.

    Podemos débese aos electores

    Cando un reside  nun municipio que ten un estaleiro para non facer barcos, acaba por estar curado de espantos, ser inmune ás ocorrencias  dos  políticos de sempre, e escéptico por tanto coas campañas mediáticas que estes utilizan ante o desafío contendente no  seu intento de malversar  a realidade, para así, lograr que fagamos oídos xordos a alternativas emerxentes e manipulando a palabra, conseguir que sigamos acatando as súas pautas e mesmo comportándonos da maneira que eles queren. 

    Todo  un intento de valerse da titularidade  do presebe mediático para seguir fartándonos coa indixesta falacia dos seus  40 anos de progreso  contra a realidade dunha desmedida regresión tanto en materia de dereitos como no relativo á  repartición da riqueza. 

    A estas alturas por tanto, despois dos    resultados colleitados  nas  últimas lexislaturas   onde o imperio das políticas  socioeconómicas de corte neoliberal marcou o decaemento no futuro de multitude de afectados, ninguén nos seus cabais  pode outorgar fiabilidade política a quen perversamente  e con enganos  conduciunos   ata a actual encrucillada, pola súa colaboración  no desenfreo dunha  salvaxe expansión capitalista. 

    Por iso que ante este escenario de regresión democrática, por mais que cínicamente queiran facer ver á xente o seu propósito en xerar un  cambio político, o certo é que a súa única intención de enmenda   non vai mais alá  de maquillar a  a súa continuidade. 

    Por tanto na actual tesitura resulta un anacronismo o só feito  de pensar  que os responsables da actual deriva  sexan politicamente  os chamados a reconducir a situación, pois a forza dos feitos vén demostrar que  o neoliberalismo das  últimas décadas  está totalmente esgotado, e que por tanto, empeñarse en manter a súa continuidade orixinará unha situación política altamente inestable á vista da  súa incapacidade  de promover ao mesmo tempo o crecemento económico e o desenvolvemento social. 

    Extremo que de non corrixirse,  ameaza con trastornar o actual  madeirame  institucional  e producir con iso un cataclismo de primeira  orde, ante o feito mais que probable, que o descontento social converta   a situación nun  perigo potencial ata o límite de poñer  en cuestión a viabilidade do propio modelo de Estado.

    Facer caso omiso desa probabilidade, cando as consecuencias do neoliberalismo conducíronnos cara a un  permanente fracaso,  é negar esa evidencia e  precipitar a propio intento o percorrido  cara a tal desenlace, co agravante  engadido,  de saber    que a súa aplicación  é o factor causante dunha  situación política e económica a todas luces insustentable. 

    Labirinto que de ningún xeito  terá  saída co pacto PSOE-C's pois aínda sendo dous partidos distintos  teñen o denominador común  dun só IBEX verdadeiro   e como dogma de fe a conxunción da  súa analoxía  neoliberal.  

    Unha amálgama que non sendo a solución de nada, revisten de positivismo coa intención de captar anexións de descoidados  inxenuos, ocultándolles desde a manipulación  que   o contido do seu pacto político, é mais do mesmo,  que non defende intereses distintos  aos do círculo da súa propia órbita, cos que comparten  débedas, políticas económicas  e submisión ás súas directrices, pois nestas lides non son as urnas nin o interese xeral quen se impón  senón  as vantaxes dos que residen na cara oculta da  democracia e cuxas aspiracións por conveniencia  transformaron  en necesidades  do sistema.  

    Se doutro xeito  fose e o PSOE non houbera  capitulado á presión dos mercados acatando como propia a imposición  do pacto con Cidadáns, non se tería frustado  anticipadamente   a mais sólida alternativa dun goberno de progreso en alianza con Podemos  e demais forzas afíns; pero no guión deste  vodevil de conxuras  e enredos estaba escrito de antemán, antes mesmo das eleccións xerais e mais   alá do resultado que  ao partido morado deparásenlle, e todo coa meta posta  en impedir   que "tocase" cota de poder.

    Podemos débese aos electores

    Unha consigna ditada desde o poder económico coa finalidade  de frustrar  o ascenso meteórico  do partido de Iglesias, para así,  en garantía dos   seus privilexios   manter invariable  a continuidade do sistema, e todo  coa colaboración de Albert Rivera  como  afillado político da trama  e a interesada  colaboración  da súas   brigadas mediáticas, dispostas a empregarse a fondo e  de forma belixerante socavar a través  do infundio  e malas artes, a integridade e  as virtudes    dos líderes da formación morada.
     

    Arrevesada  confabulación que a teor da súa turbidez non só exime a Podemos de toda culpabilidade suposto caso que a súa deriva lévenos  a unha nova confrontación electoral, senón que mesmo  favorecería  a súa conta de resultados diante uns   novos comicios, pola súa condición de  único referente  fiable  disposto  a avanzar  polo camiño das reformas sociais profundas e igualitarias

     

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook