Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

De Fene, alérxico ao bipartidismo

Sobre este blog de Comarcas

Puntadas, pespuntes e ganduxes


Archivo

  • 14
    Octubre
    2016

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    O delirio dunha abstención

    Dicir que a corrupción non debe ser a barricada  que impida a abstención do PSOE na súa decisión de facilitar o goberno ao PP, ademais  dunha   desafortunada  declaración é unha actitude que denota un alto  índice  de desvergoña  política  entre os  autores intelectuais  de tal afirmación

    O delirio dunha abstención

    Variadas investigacións xudiciais  confirman sen ningún xénero  de dúbida  a existencia da caixa B do Partido Popular, como tamén evidencian que desde 1990 esta organización utilizou en beneficio propio diversas fontes de financiamento alleas ao circuíto económico legal, conseguindo na maioría dos casos tal finalidade mediante contratos adxudicados ilegalmente por Administracións Públicas rexidas por xente adscrita ás súas filas  e cuxa constatación  delata o seu nulo respecto polas  regras democráticas, o que  fai cuestionar a lexitimidade  institucional  dos seus representantes,  e por tanto,  a absoluta ausencia de integridade dos membros que desempeñan papel de liderado na  súa cúpula dirixente.

    Tal circunstancia indica que lonxe de atoparnos ante un escenario de carácter  conxuntural, o fenómeno  da corrupción é un todo estrutural que vai moito  mais alá dunha anómala relación entre  o diñeiro e a política.

    Tendo de asumirse para o efecto   que estamos ante unha auténtica  trama de tipo mafioso, que utilizando os seus resortes de sedución  mediática e o seu dominio da economía   tentan facer crer que gobernan para todos, cando o certo da situación é completamente  oposto, como vén demostrar o feito  de consolidar un  sistema  de privilexios  onde unha minoría  socioeconómica e a súa órbita de subordinados  políticos dominan o aparello do Estado.

    Verdadeira máquina corruptora  disposta ademais a impedir  de calquera xeito que se satisfagan as demandas democráticas da cidadanía, e por tanto, pechada en banda  a aceptar e asumir toda  decisión de fondo  plebiscitario.

    Unha situación  de anormalidade onde a corrupción converteuse no seu  modus vivendi  como así  apuntan  ante os tribunais, as probas, careos e declaracións dos procesados na trama Gürtel e demais competidores noutros procesos de similar escándalo, que  veñen referendar  que o actual partido do Goberno utilizou   o poder do Estado  non só para saquear os  bens do común e facer ricos aos seus dirixentes,  senón tamén  para  sufragar  o importe das súas campañas políticas con cargo ao peto de toda a cidadanía.

    Aspectos no seu conxunto contrarios á ética e a legalidade, as súas prácticas de latrocinio e espolio xeneralizado que creban a súa lexitimidade de representación, ao crear unha  controvertida  situación  que lonxe  de propiciar  o relanzamento  da  súa candidatura á formación dun novo Executivo desautoriza  tal pretensión, esixindo na súa falta a apertura dunha nova etapa onde a expurgación de responsabilidades ademais do obrigado acompañamento de dimisións, en defensa da necesaria rexeneración democrática, traia consigo a propia disolución legaldo Partido Popular como organización  política.

    Arrogar a condición de representante maioritario da  vontade  popular cando se imbra a  corrupción, é unha astucia  coa que se tenta  revestir   de legalidade  a fraude que representa branquear mordidas  procedentes de turbias prácticas   coa  intención de distorsionar os procesos electorais.

    Por iso é polo que os resultados  de tan  anómala  operativa non deban ter alcance distinto ao  da súa verdadeira finalidade, que non é outra, que manipular as regras do xogo democrático en vantaxe derendemento electoral, o que fai cuestionar nese aspecto a  autoproclamada xerarquía  da formación conservadora e a súa  total falta de lexitimidade para atribuírse  primacía algunha na conformación de goberno.

    O delirio dunha abstenciónNeste tempo que a xustiza  esta monopolizada  nas súas funcións  por un entrelazado  de procesos de corrupción , a urxencia  debe pivotar  ao redor da erradicación das prácticas de suborno que caracterizan a dinámica deste goberno depredador, aproveitando a tal fin  o furor que xera a actualidade xudicial  de escándalo, para desde o proselitismo   impartir  docencia política que xere  unha  reacción colectiva  cara a un cambio de tendencia  e arraigue nos electores a necesidade de afastar  a pantasma doutros catro anos  de involución do Partido Popular.

    Unha  iniciativa de curto percorrido  e abocada ao fracaso  se non é afrontada  de forma colectiva  polos membros das forzas progresistas;  e de imposible viabilidade  se  por parte dos membros da Xestora do  PSOE desisten de facer fronte ao inimigo. e no canto de afrontar   este reto  rexenerador  decántanse pola complicidade dunha abstención  de investidura, pois con tal determinación de renuncia  estarían a manifestar  a súa preferencia  por un goberno da Gürtel ante outro alternativo ou a unhas terceiras eleccións, e con iso, perpetuando as malas prácticas e a continuidade do PP que desde  a institucionalidade neoliberal non fixo mais  que afundirnos na miseria  e prodigar as prácticas de corrupción.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook