Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

De Fene, alérxico ao bipartidismo

Sobre este blog de Comarcas

Puntadas, pespuntes e ganduxes


Archivo

  • 03
    Julio
    2015

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Grecia e a xenreira de Rajoy

    Quen como o PP, ten no seu haber a deslealdade de ser parte implícita da reforma expresa do artigo 135 da Constitución española, nula potestade pode ostentar para cuestionar a celebración do referendo grego.

    Grecia e a xenreira de Rajoy

    O que aconteza en Grecia é algo que non nos debe preocupar o mais mínimo, iso polo menos é o parecer que dedúcese se facemos caso das declaracións do presidente Rajoy, quen referíndose á crise grega, non dubidou en sentenciar que as políticas aplicadas polo seu goberno durante a actual lexislatura, impiden que en España poida pasar o que está a acontecer no país heleno, e todo, porque a entender da súa petulancia, con diferenza, o noso é un país serio que ten un Goberno serio; toda unha fatídica afirmación que ademais de ser incerta, por aleatoria, equivale a insinuar que o Executivo de Tsipras, ao seu entender dista moito de acadar a seriedade debida.

    Desafortunada actitude a do noso máximo mandatario, que ademais de dubidar da lexitimidade e a soberanía que lle asiste ao goberno de SYRIZA para convocar o referendo, coa súa intromisión e tendenciosas opinións vén a contravir a neutralidade que a situación require, e con iso perverter a natureza do proceso, cuxa verdadeira finalidade, non é outra que darlle a palabra ao pobo grego para que sexa este quen decida a través das urnas sobre o litixio entaboado a teor das esixencias leoninas das tecnocráticas institucións europeas e o FMI, é dicir da Troika, cuxo alcance ao colisionar co seu propio programa electoral, esixe en consecuencia, que o executivo heleno por resultarlle inasumible o seu cumprimento opte polo referendo popular, e esa determinación aínda que a Rajoy e a todo o séquito neoliberal lles aborte o seu embarazo austericida, democraticamente tal actitude é un referente de transparencia e en se mesmo un expoñente de rigor e seriedade.

    Ese empeño de Rajoy en reivindicar a seriedade do PP, a do seu goberno e a súa propia, tratando aos demais de 'trangalleiros e afeccionados', non resulta ningunha novidade por ser práctica recorrente do seu facer político, unha actitude que acentúase en intensidade en vésperas electorais ou cando ve en perigo a prórroga da súa continuidade, e sirva como validación do dito a crono historia, traendo a colación actuacións da súa carreira política, como a sobrevida cando o petroleiro Prestige empezara a partirse en alta mar, e o noso protagonista nun intento de minimizar o desastre inclinouse por corromper a realidade, e actuando en papel de voceiro do Executivo, decidiu como autor intelectual, elevar a celebridade o solemne disparate dos "hilitos de plastilina en estiramento vertical". Todo un bautizo de mitomanía e orixe en cuberto da singular percepción da súa tan postulada síndrome de seriedade.

    Dende aquel entón utilizou a mentira recuberta de aparente seriedade, unha dualidade antagónica que convertida en practica usual utilizou xa fose en funcións de goberno ou como oposición, e que non reparou o mais mínimo en empregar no seu asalto ao poder cando durante a campaña do 2011, como xefe da oposición, ocultando as súas verdadeiras intencións prometeu ao electorado o que sabía de antemán que non ía cumprir, para unha vez alcanzado o seu obxectivo e despois de asegurar en investidura que na política non existía herdanza a beneficio de inventario, deixar sen efecto tal afirmación para seguir repetindo en cada debate a ringleira da herdanza recibida dende a súa chegada á Moncloa, e todo para tapar a súa incapacidade como Presidente, e esconder dese xeito a súa nulidade na formulación alternativas distintas ás políticas de recortes e austeridade.

    Grecia e a xenreira de Rajoy

    Neste caso, o incoherente por parte do presidente Rajoy é a súa carencia de uniformidade cando Grecia pasa a ser o referente de debate, pois se o Executivo do PP na recta final da súa lexislatura segue escudándose na transmisión herdada dos seus predecesores en evasión de responsabilidades, resulta cando menos inaudito que quen utiliza en beneficio propio a repercusión de sucesións políticas, arremeta contra un recén chegado Tsipras evitando recoñecer neste caso a "herdanza recibida" polo novo executivo heleno, cuxa responsabilidade recae paradoxalmente no seu colega Samaráns, líder de Nova Democracia, que resulta ser homónimo do PP naquel país, e que para maior complexidade, era a organización política que gobernaba nos anos en que Grecia enganou a Bruxelas escondendo as súas cifras reais de déficit público

    O referendo grego ao que o ex primeiro ministro do país cualificou como "un golpe de estado", lonxe de tan desequilibrada apreciación, ten  de ser interpretado nos seus xustos termos, que non son outros que os correspondentes a unha contenda entre os intereses contrapostos da democracia e o neoliberalismo, e cuxa oposición, internamente confórmao o bloque das forzas conservadoras do país, que ademais de estar absolutamente corrompidas e asociadas ao capital financeiro, exercen como defensoras das políticas de austeridade. Sendo os detractores externos as forzas afíns do resto do marco europeo que como o PP en España, son a representación da corrente asociada á tese neoliberal e en consecuencia posicionadas radicalmente a favor de manter nos seus termos a continuidade do actual modelo económico.



     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook