Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

De Fene, alérxico ao bipartidismo

Sobre este blog de Comarcas

Puntadas, pespuntes e ganduxes


Archivo

  • 10
    Junio
    2016

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Fene: A conveniencia dun novo dique seco

    Forzar  concreción  política sobre a construción dun novo dique seco no estaleiro de Fene, que complementario aos xa existentes complete unha oferta ilimitada no mercado  de reparacións, debe converterse nunha esixencia electoral da comarca de Ferrolterra

    Fene: A  conveniencia dun  novo dique secoDesde que en 1983 o Goberno socialista presidido  por Felipe González, de forma arbitraria   convertese ao estaleiro de Fene en moeda de cambio  para satisfacer as esixencias de reconversión industrial impostas para a entrada no Mercado Común, a emblemática factoría naval  deste municipio coruñés quedou excluída do mercado convencional, e non en razón a limitacións funcionais senón pola maquinada determinación de supeditar sen pés nin cabeza o futuro desta factoría aos intereses doutros territorios  do Estado de maior afinidade política 

    Un despropósito que sostivo a súa  secuencia  durante 32 longos anos,  á marxe da alternancia bipartidista e das políticas aplicadas polos diferentes   gobernos que durante o período desempeñaron sen distinción  o  PP e o PSOE, falando por se só  o  fracaso dos seus efectos  tal cal reflicte  o actual balance de resultados, que unha vez superadas as prohibicións impostas  por Europa ten por todo referente como consecuencia do actuado, unha carteira de contratación baixo mínimos e a  drástica redución de seis  mil setecentos traballadores de plantilla e tres mil douscentos das empresas auxiliares.

    Estrepitoso fracaso que evidencia o nulo resultado  das denominadas políticas de reindustrialización así como dos sucesivos plans de diversificación comarcal, que por falta dunha planificación coordinada e o seu elevado grao de improvisación, non só non lograron acabar co monocultivo do sector naval senón que forneceron o efecto contrario restrinxindo  toda posibilidade  de recuperación do que sen dúbida, pola súa singularidade característica ostentaba a condición de ser o principal e máis estratéxico estaleiro europeo.

    Anomalía  que converteu a Fene  como concello de radicación   no referente do esperpento industrial por antonomasia, ante   o feito anacrónico  de ter unha factoría  infrautilizada en contraposición   á súa posición de liderado do paro galego.

    Pero a deducir  da actual traxectoria, en materia de política industrial mais que aprender do ocorrido evitando cometer idénticos erros, empeñámonos en tomar análoga dirección á hora  de establecer previsións  de continuidade  no segmento de negocio de reparacións, actividade que á marxe dos avatares do proceso de reconversión, logrou non só saír indemne senón afianzar  un nicho de mercado e mesmo  alcanzar condición punteira a nivel mundial. 

    Unha posición dominante que de non reaccionar con dilixencia pode non só verse debilitada senón convertida en testemuñal,  debido ao inadecuado dimensionamento das súas instalacións en contraste ao novo escenario que se producirá coa apertura ao tráfico o próximo día 26 de xuño  das novas esclusas da terceira vía da  Canle de Panamá, por ser este o momento en que os post-Panamax, converteranse no novo estándar de barcos en detrimento  paulatino da frota convencional.

    Sendo por iso, que ante esta nova realidade, mais que instalarse na ambigüidade da espera,  o seu sería  afrontar sen dilación  a elaboración dos estudos preliminares de viabilidade e de rendibilidade do proxecto de execución dunha infraestrutura axustada á nova realidade de mercado, cuxa tipoloxía por maior funcionalidade debe corresponderse coa dun  dique seco;  que por garantía debe ir precedido dun   acordo político de consenso, ademais  do correspondente programa de actuación, como tamén  do plan económico financeiro de acompañamento e mesmo do establecemento de protocolos con socios estratéxicos e operadores.

    E todo iso afianzado nas favorables expectativas de crecemento do tráfico marítimo mundial no contexto dun emerxente mercado de exportacións e importacións de mercadorías, tendo de engadir a iso a achega dunha inmellorable  posición xeográfica  no marco das rutas atlánticas, e o mais que previsible incremento da actividade marítima que elevará o incremento da actividade de reparacións no marco das novas unidades de frota, que coa implantación desta infraestrutura, poderían  acceder ao mercado do que actualmente están  excluídas.

    Fene: A  conveniencia dun  novo dique secoTerceiro dique seco cuxo emprazamento por idoneidade e cohesión espacial debera localizarse  no contorno contiguo ao dique dous  da antiga Astano,  de tal xeito,  que a configuración da súa implantación, garantindo  o aloxamento ao seu interior  de megabuques de última xeración  non teña maior penetración na Ría que o agora existente, para con iso, mitigar o impacto ao medio mariño e facilitar igualmente a conformación e ordenación dunha área concreta de reparacións, que ademais de agrupar as instalacións vinculadas á actividade anexione os espazos ociosos necesarios para favorecer  a racionalidade de tránsitos   interiores no recinto do redimensionado  enclave.

    Sendo agora, en coincidencia coa  iniciada  campaña electoral,  o momento apropiado para instar das  formacións políticas  participantes nos comicios que concreten o seu compromiso  de referendo á execución desta infraestrutura marítima,  que de non afrontarse  coa oportuna celeridade ademais de agravar a precaria situación do estaleiro, abocaría  o futuro do  sector de reparacións  a un canellón sen saída.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook