Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

De Fene, alérxico ao bipartidismo

Sobre este blog de Comarcas

Puntadas, pespuntes e ganduxes


Archivo

  • 09
    Diciembre
    2016

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Eles son os populistas

    Quen se erixe en defensor das políticas publicas de austeridade, secundando a versión mais radical das grandes corporacións neoliberais e exerce  como avalista  político  do desmantelamento do Estado do benestar, non ten conferida  atribución moral  para tachar de «populistas» aos seus adversario.

    Eles son os populistas

    Cando os liberados da  cousa pública, que ao non estar á altura do cargo debesen dimitir antes de volver ás urnas, envórcanse en utilizar de forma reiterada o concepto do "populismo", fano, sen importarlles o mais mínimo o  significado real de tal termo, que si, en gardar disciplina ao papel encomendado polo establishment económico, político e mediático para crimenalizar toda opción política que desafíe os seus intereses, e así, aproveitando a conxuntura tomar  vantaxe da situación  e seguir  limitando  as opcións políticas da cidadanía ao trasnoitado bipartidismo; pois máis aló dese mal intencionado comodín de distracción  dos seus atropelos, o certo é, que non existe ningunha "ameaza populista" á espreita.

    Se de forma  reiterada o goberno  de quenda incumpre as súas promesas nada máis tomar posesión, e para maior abondamento tampouco se facilita a chamada ás urnas da cidadanía  á hora de resolver as decisións maiúsculas do país como resultaron ser  os  rescates bancarios, as cesións de soberanía, as políticas de recortes ou os cambios constitucionais de onda repercusión  como o relativo ao do seu artigo 135 ; cando iso ocorre facendo que  o corte  de mangas sexa quen domina o escenario político  e en ningún caso imponse á mais elemental práctica democrática, a ninguén debe estrañar que a  frustración e perda de confianza motive que os tradicionais  partidos políticos teñan entrado   nunha crise da que dificilmente poderán recuperarse

    Tal circunstancia  creou  o caldo de cultivo apropiado  que deu entrada en escena  a novos partidos que, desde a pluralidade ideolóxica, optaron  por romper o bipartidismo dando  maior protagonismo á sociedade civil e as minorías, sen que para tal reacción caiba a denominación de "populismo" pola carga de rexeneración   democrática que trae consigo a súa procedencia,  e porque na actual  situación, os membros do turnismo histórico  non poden xa atribuírse a defensa do interese xeral, por canto a  crise de lexitimidade que arrastran  ademais de representar un risco para a estabilidade  do propio sistema, resta total confianza no seu   artificioso  Goberno de confluencia  facendo que nada funcione correctamente.

    Pero se certo é que o bipartidismo está máis que  morto, tampouco se pode  negar  que a gran coalición entre o PP e o PSOE  estea mais viva que nunca, e iso  como feito  verídico,  lonxe de conducirnos  cara á   segunda transición, para desgraza colectiva  recolócanos  na restauración da primeira, e dicir, facilita a continuidade do  modelo promocionado  polo séquito do  IBEX en liña a manter o seguidismo, o que impide pararlle   os pés ao neoliberalismo no seu brutal e salvaxe avance.

    Para os actores do presente guión, a súa singular  concepción  do "populismo"  agrupa a todo o diverxente do seu postulado e ao oposto á  ideoloxía neoliberal, por iso é polo que os decididos a incumprir o que prometen,  para derivar responsabilidades dos seus actos, non reparan  en botar man  dos manuais máis acreditados da manipulación política e acorde aos  seus canons, nun exercicio de colmo da desvergoña non dubidan neste caso en converter  a Podemos na estrela da festa populista, divulgando interesadamente  infundíos nun intento de devaluar  a súa integridade  e a súa solvencia política.

    Ao parecer  para este a gremio de "inmaculados" do  poder, o populismo é unha  arma que lles serve para unha cousa e  xusto para a contraria, sendo por iso que utilizan a súa aplicación como lles convén  e sen coherencia de tipo algún, por iso é polo que co seu uso e abuso non só produzan confusión senón que en plano político recrua o enfrontamento  e pecha acceso á vía do diálogo; efectos secundarios cuxa  repercusión non lles preocupa o mais mínimo, tendo en conta que a súa auténtica finalidade non é harmonizar a vida política  senón acentuar a confusión  metendo no mesmo saco  ás  forzas progresista  coa ultradereita máis reaccionaria e xenófoba, aos só efectos de elevar a certo a falacia que  os «extremos se tocan»  co único  propósito de tirar partida da confusión

    É por iso que a  aplicación terminolóxica  do populismo   por parte da confraría neoliberal trae consigo un transfondo manipulador e demagóxico, tal cal  evidencia  a finalidade da súa propia  intención , o que equivale a confirmar que estamos ante o epíteto que os profetas da apocalipse dos demais  utilizan para ocultar as súas propia antiloxía,  pois ao   xulgar pola  súa acción política, nula  exculpación  pódeselle outorgar aos que coas súas prácticas  fanse acredores do mais reprobable dos  populismos, que non é outro que o exercido a través de enganos desde a cúpula do poder, por un Goberno que contravindo as súas promesas electorais, ademais de perder toda  lexitimidade pola corrupción, é referente do desemprego  e a desigualdade, como adaíl  dos recortes no estado do benestar e outros moitos

    Eles son os populistas

    Non sendo por tanto de recibo que os artífices  de erosionar a reputación do país en motivo por centos de obxectivos particulares, que os verdadeiros  ideólogos do populismo teñan a desvergoña  adxudicar tan  nefasta condición á quen loita por un proxecto de país centrado nos dereitos humanos e únicos  defensores do interese xeral 

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook