Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

De Fene, alérxico ao bipartidismo

Sobre este blog de Comarcas

Puntadas, pespuntes e ganduxes


Archivo

  • 18
    Septiembre
    2015

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Crise migratoria e bastardía de Europa

    Só repercutindo aos directos responsables  o custo real dos seus excesos, as crises que eles  xeran e que o pobo paga,  non só extinguirán en continuidade  senón que erradicarán  a súa existencia.

    Crise migratoria e bastardía  de Europa

    O problema   non se resolve con proclamas  de xenerosidade nin con profusións de benevolencia, pois    para a verdadeira solución do conflito  é imprescindible  suprimir as súas causas, coñecer de certo o  por que e de quen foxen os miles de refuxiados que deambulan polo vello continente.

    Incógnitas  que unha vez despexadas  mudarían  a imaxe desa  Europa idílica e solidaria que se nos vende, por outra versión totalmente  adversa, tendo en conta que a  masiva migración destas xentes ,  non é nin mais nin menos , que o efecto bumerán  do  que Occidente  dedicouse a sementar nos seus países de orixe, e iso, pola súa implicación  na industria da guerra,  na venda  e subministración  de armamento   que  para que sexa negocio debe ser utilizado, sendo esa que non outra,    a causa  pola que a uns inocentes   en defensa  da súa subsistencia  non lles  quede mais  recurso que poñer pés cara á diáspora.

    Por iso  que a  crise migratoria en Europa, por esperada,  non debese resultar  de ningún xeito  sorpresiva, como tampouco a  incapacidade  política en poñer remedio  á complexidade  da situación , máxime  , despois  do protagonismo e poder executivo outorgado  á industria armamentística,  que  co pretexto  de defender ao pobo sirio e promover a democracia no país, a propio intento, optaron  por solucionar a guerra con mais guerra,  aínda é  cando, o que encubrían tras a continuidade da confrontación bélica, non era lograr a estabilidade que dicían  pretender,  senón,  potenciar o  beneficio  dun impresionante complexo militar-industrial que necesita das guerras para o seu desenvolvemento e continuidade, e iso, sen preocuparlles  o mais mínimo a repercusión dos seus efectos,  aínda e cando as  consecuencias da violencia armada inducida  sexan  a razón que obrigan aos afectados  a pedir refuxio alén das súas fronteiras.

    Se ademais da procedencia  europea  das armas utilizadas na contenda  Siria, as empresas subministradoras das mesmas teñen idéntico ámbito de radicación    e   fixeron o seu turbio negocio contando co  beneplácito   político da Unión Europea, é evidente que como responsables directos  da situación, calquera aparente apelación á solidariedade que manifesten  fronte á crise migratoria, tal actitude, debe ser entendida  como un referente de hipocrisía, por ser  a denominación mais liviá que debe adxudicárselle  a quen  despois de   intervir  na rexión xerando o exterminio sistémico, agora, en alarde   de contrición, clamen ao ceo  pola traxedia deste éxodo, tentando tapar a realidade, para que ninguén  relacione a   actual hecatombe co cruento resultado dos seus propios excesos.

    Por iso, é polo que    mentres  os causantes  de que centos de miles de familias abandonen co posto as súas terras e arrisquen  as súas vidas,  néganse a asumir toda responsabilidade  no  desastre,  e a Europa  dos aramados e as concertinas como cómplice político, con idéntico comportamento,  opta por mirar cara a outro lado non querendo  facer fronte a esta crise humanitaria con debates estériles   sobre a repartición de inmigrantes. 

    Mentres isto ocorre, os directos afectados na súa desesperación ven como os axitadores das súas desgrazas, os mesmos  que co seu intervencionismo mercantil  precipitaron   a inestabilidade na súa zona de orixe  forzando o seu desprazamento, agora cando na súa diáspora chegan á porta do Vello Continente,  non só négaselles o acollemento, senón que son recibidos con medidas  de malos tratos  e represión  ata límites extremos, sendo moi poucas as voces que se alcen contra esta canallada.

    Europa ten  de colleitar o que  sementou no medio Oriente,  e en consonancia por patrón de humanidade, facerse cargo  en primeira instancia e subsidiariamente   desta  crise migratoria,  para posteriormente,   repercutir integramente os seus custos nos auténticos responsables da mesma, que non son outros que os fabricantes e proveedores de armas que coa venda e subministración de efectivos  á zona  non só  estableceron un negocio ilícito á conta da vida dos civís, senón que por extensión foron os artífices deste  conflito migratorio con tinguiduras de holocausto. 

    Sendo por elo  que  para abordar  o problema con rigor non só temos  de facernos  cargo dos xentíos que chegan, senón tamén suprimir  o obsceno negocio dos depravados patróns das guerras.

    Crise migratoria e bastardía  de Europa

    Este conflito migratorio  ademais   dunha oportunidade para a reflexión, debese ser  a ocasión para mudar as exasperadas políticas da UE,  e variar para o efecto a estendida dinámica de repercutir na   cidadanía  os efectos  de quen toma por norma facer  das crises o seu gran negocio e do erario público a súa fonte de ingresos, eludindo en xustificación que o  problema é de todos, cando  o certo é que o pobo europeo como   directo  afectado, non é parte activa  das súas decisións, e  por tanto,    como resulta no presente caso, alleo totalmente á xeración do conflito e distante por tanto  das responsabilidades derivadas.

    Aínda que para a consumación efectiva   de tal esixencia,   é requisito  indispensable promover  a eliminación electoral de quen suplantando a vontade  das urnas, exercen en contraposición  a función de adlátere dos lobbies empresariais, ou o que é o mesmo, dos promotores profesionais das crises.

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook