Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

De Fene, alérxico ao bipartidismo

Sobre este blog de Comarcas

Puntadas, pespuntes e ganduxes


Archivo

  • 25
    Septiembre
    2015

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    Cacería de Patos

    Só utilizando as urnas como correctivo á corrupción  poderemos recuperar a lexitimidade democrática perdida, á vez de cambiar realmente as cousas expulsando  a inmundicia bipartidista do poder.

    Cacería de Patos

    Agora  en formato de comandita  os membros do  bipartidismo repártense o protagonismo noutra trama de corrupción, polo menos isto é o que se desprende das  accións da fiscalía en relación coa operación Patos, ao instar no seu escrito a imputación de varios dos máximos dirixentes socialistas e populares da provincia pontevedresa, ademais de medio centenar de persoas entre as que se atopan significados empresarios relacionados con ambas as formacións, sendo reveladora a vinculación ao proceso  do recentemente elixido presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero, como  do presidente do PP de Pontevedra, Rafel Louzán. 
     
    Cabezas visibles  dunha trama  que polas súas connotacións co desenfreo, poñen de manifesto que en Galicia o PP e o PSOE conforman politicamente o  eixo do contubernio da  indecencia, non reparando por elo en dar renda solta aos seus excesos   e   á pillaxe  das institucións de representación.
     
    Este novo  escándalo  para nada resulta un feito illado, por tratarse de algo habitual, dun  caso  mais  do extenso rexistro de anormalidades  que acompaña  a contratación pública, que tras a entrada  en declive do sector inmobiliario  tomou papel protagonista ata converterse  en referente  exclusivo dos repetidos escándalos de corrupción, e todo,  como consecuencia   da inadecuación de      un marco legal que contra toda lóxica  funcionou como resorte de impulso  na comisión do delito.  
     
    Pois aínda que  a  Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público estaba chamada a mellorar a transparencia dos procedementos de licitación, o certo foi  que  a súa  manipulada aplicación xerou  a función oposta á prevista,  facendo do sistema  un todo inservible ao outorgar condición decisoria aos informes á carta que uns técnicos interconectados,  emitían   acorde á  tendencia   de discrecionalidade empregada en resolución por uns  políticos afastados de todo código de conduta.
     
    Pero se a  xestación da nova Lei de Contratos do Sector Público, en tramitación, para a adecuación  ao ordenamento xurídico das Directivas europeas en materia  de contratación pública, podería ser a oportunidade para o cambio, a xulgar polo actuado,  todo apunta a deducir a continuidade   dos actuais  desenfreos, por canto  no seu implícito non se aborda o grave problema da corrupción coa ambición e profundidade que a situación require, pois aínda dedicando no novo marco legal  un artigo específico para a súa erradicación, a xeneralidade da súa redacción fai que o seu contido sexa un brinde ao sol, ao outorgar  sen concreción ao  poder político a potestade unilateral de adxudicación contractual.
     
    Motivo polo  que a nova norma queda reducida a unha mera declaración de intencións, cando o seu, sería arbitrar medidas que impedisen   os actuais  conflitos de intereses  nos procedementos de licitación  entre  os membros do órgano de contratación e os licitadores, para o que sería necesario, introducir de maneira  transversal as cautelas oportunas que ademais  de evitar  a entrada en escena de prácticas desviadas do interese xeral,  garantisen  a igualdade de trato entre os concorrentes,  para  con iso, obxectivar os criterios de baremación e  adxudicación  dos concursos como método paliativo  ás estendidas prácticas de corrupción.
     
    Se ademais do xa referido, engadimos  que nos últimos  vinte anos  aprobáronse un total de catro leis sobre contratación pública, á vez que no devandito período a corrupción política no canto de reducir  en escala   mantivo  unha tendencia  ascendente  que veu a perverter  o sistema democrático e debilitar  a confianza da sociedade nos  seus representantes; non ofrece dúbida   que  tal  circunstancia, é indicativa  que o gran culpable desta situación de desastre  ten por único referente,   a  hexemonía bipartidista ostentada polo  PSOE e o PP, sendo por elo que o único remedio ao actual estado de degradación pasa irremediablemente polo recambio político  e unha substitución xeracional, pois folga dicir  que  pola súa condición  de parte implícita, ambos os  partidos perderon toda autoridade para reconducir a situación, tendo en conta que  representan ser mais un obstáculo que a solución.
     

    Cacería de Patos

    É por iso polo que  a operación Patos que estes días axita  a actualidade política galega non teña  de ser  interpretada   en clave de excepcionalidade,  pois a súa casuística,  garda total coincidencia cos múltiples casos  de corrupción,   que conxuntamente, conforman o historial delituoso da nosa  clase política no contexto da  uniformidade bipartidista.  
     
    Pois aínda cando certos medios  opten por acentuar  a corrupción política dos contrarios e minguar a dos seus afíns, o certo é que  a totalidade  dos escándalos de corrupción teñen idénticos autores e análogo patrón  de referencia, que non é outro, que a anómala adxudicación de contratos públicos a cambio de comisións ilícitas ,  e cuxa práctica  por infecta,  debe ter por resposta o desaloxo  do poder dos protagonistas de tan fraudulentas condutas, como antesala ao obrigado cambio político e por extensión á efectiva reforma lexislativa  que sen ambaxes esixe a situación.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook