Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

De Fene, alérxico ao bipartidismo

Sobre este blog de Comarcas

Puntadas, pespuntes e ganduxes


Archivo

  • 04
    Marzo
    2016

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    vigo Comarcas

    Ao PSOE neoliberal, mellor non.

    A situación creada co proceso de investidura, alerta  que  de non consumarse a converxencia  entre movementos sociais, asociacións e esquerda política como réplica á ideoloxía neoliberal, a división  será  o maior  impedimento para o cambio.

     Ao PSOE neoliberal, mellor non.

    Visto o debate de investidura, quen teña en mente abrir  paso a un novo tempo político desde a esquerda, ten de asumir que tal labor é de imposible consecución  en tanto o PSOE leve a voz cantante de tal iniciativa, pois   aínda resultando  o menos malo dos dous partidos hexemónicos que alternaronno poder desde 1982, en ningún momento actuou en liña de crebar  a estrutura e a cultura institucional herdada do franquismo; máis ben ao contrario, optou non só  por manter a súa prórroga senón que  introduciu á vez  no ADN do partido o  mais radical neolibarismo. 

    Tal é así, que  despois de ostentar durante vinte anos funciones de goberno, a pesar do suposto carácter  socialista, non só demostrou non ter  coraxe para  amansar ao capitalismo, senón que  medorento da  súa xerarquía someteuse en todo momento aos ditados dos mercados e demais  poderes financeiros, sen reparar o mais mínimo no prexuízo repercutido da súa actitude cara aos intereses de quen supostamente representaban. 

    Enrevesado proceder cuxo último  referente foi a reforma exprés  da Constitución, que levada a termo ás costas da cidadanía puxo de manifesto  que de ningún xeito o  PSOE sirve para canalizar as aspiracións  da   esquerda  e agora  menos que nunca,  sen que haxa rexeneración posible distinta á  súa reconstitución  desde outras coordenadas.

    Posibilidade de emenda   que  antóllase cada día  mais difícil de alcanzar á vista da súa reafirmación na  traxectoria mantida  nos últimos anos sobre temas fundamentais que a teor do prexuízo repercutido  no interese xeral  e a deríva da súa actual  dirección no  que a alianzas  de gobernabilidade refírese, desaconsella  para todos os efectos  valerse dese partido para ningún obxectivo de esquerdas. 

    Pois polo   seu facer político   perdeu toda credibilidade  ata o extremo de deixar  de crer en si mesmo, unha controvertida  situación que pon de manifesto  que   o feito   militante de ningún xeito   adxudica etiqueta socialista, por iso é polo que aínda que pretendan facernos crer que si o son, a súa política económica en favor da oligarquía financeira e empresarial é indicativa  que o seu teórico progresismo  quedou supeditado á lóxica neoliberal por mais discursos de aparencia  que veñan utilizar   coa finalidade de seducir ao electorado. Argumento sobrado para afirmar que polo seu proceder, a tempo presente o PSOE deixou de ser o referente da esquerda.

    É mais que evidente  que por gradual deterioración o modelo que dominou  a escena política desde1977 conduciu ao país a una depreciación institucional sen precedentes, sen que tal circunstancia fixera  reformular aos directos responsables  do desastre un cambio de rumbo no seu facer político     como pon de relevo a teimuda actitude  do PSOE, que en tarefa de formación de goberno mais que retomar o seu ideario e optar por cambiar as regras de xogo, aposta pola continuidade que representa  seguir aplicando como solución as políticas causantes de tan anómala  situación,   co  agravante engadido que presupón a súa renuncia á conformación  de   toda alternativa de progreso, unha decisión  que por se mesma acaba por frustrar a unidade da esquerda,  e pechar baixo sete chaves  toda probabilidade  á conformación dun goberno para o cambio.

    Xa que logo, quen desde a esquerda queira dar pasos en positivo cara a un novo tempo político,  máis aló de deixarse levar  por artificios mediáticos e versións adulteradas,  ten de saber de antemán  que o PSOE  é alleo a ese ámbito  de significación  ideolóxica, pois á hora da verdade a súa práctica política  é reflexo do fundamentalismo   neoliberal e de acatamento ao mandato  dos mercados, formulacións diametralmente opostas aos postulados pola esquerda real  e progresista, mais proclive a implementar un  cambio de modelo que salvagardando  o marco de liberdades  propicie maiores cotas de prosperidade desde dinámicas de crecemento,  e sempre, tendo presente o cumprimento do mandato electoral. 

     Ao PSOE neoliberal, mellor non.

    Por iso agora mais que nunca, por dignidade  democrática  as verdadeiras forzas de esquerda nun exercicio de responsabilidade  deben limar asperezas para  unha vez alcanzada a  confluencia traballar polo cambio político, sobre a premisa  de gardar respecto á  vontade dos electores. Pois nunha  democracia que se prece a función política  non pode desempeñarse  relegando a un segundo plano á cidadanía na toma de decisións, e moito menos, burlando a soberanía popular  conferindo exclusiva facultade de arbitraxe a quen teña atribuída a condición de militante, e iso ten  de ser así , para  poder corrixir  a actual deriva  e impedir  desde a maioría progresista a investidura  de quen a través de subterfuxios e cambalaches  tenta converter  o neoliberalismo no seu programa de goberno. 

    Con todo,  tal obxectivo  será  de imposible consecución  en tanto  a madurez política  non se faga dona da situación,  e mentres os nove millóns de votos que capitaliza a  esquerda real no seu conxunto,   sigan malgastándose    na absurda dispersión  de diferentes candidaturas.

     

     

     

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook