Blog 
Galdo-Fonte
RSS - Blog de Xosemanuel Galdo- Fonte

El autor

Blog Galdo-Fonte - Xosemanuel Galdo- Fonte

Xosemanuel Galdo- Fonte

De Fene, alérxico ao bipartidismo

Sobre este blog de Comarcas

Puntadas, pespuntes e ganduxes


Archivo

  • 08
    Julio
    2016

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fene

    A lóxica dun veto á corrupción

    Por riba  de astucias electorais, a gobernabilidade  do país debe estar vetada a quen ten no seu haber a institucionalización da corrupción como práctica política, sendo o voto das súas señorías quen en última instancia  decida rescatar  o Estado de Dereito ou manter acendida a luz verde   da súa degradación

    A lóxica dun veto á corrupción

    A preocupación dos españois pola corrupción lonxe de corresponderse  coa condición  de problema apremante  que  o  CIS  lle atribuía nos seus últimos barómetros de opinión, mais  que unha apreciación solvente   resultou ser unha confusión entre percepción e realidade, distante con moito da condición atribuída de ser o segundo problema do país, tras o paro, como tampouco, que a súa  mal interpretada denominación  reproduza a alarma social nun de cada dous cidadáns.
     
    Esa alomenos ten de ser a conclusión  que se debe deducir a teor dos resultados electorais do 26-X, tendo en conta que  o PP  a pesar de evidenciar o papel protagonista na comisión de delitos de corrupción, o certo foi que lonxe de atopar neste  lastre o seu verdadeiro rival nas urnas,  non só non lle pasou factura senón que a pesar que os ventos dos escándalos soprábanlle  en contra, un amplo segmento do  electorado  optou por referendar ao partido de Rajoy  e afastar así  toda posibilidade de mudanza na Moncloa.
     
    Tal circunstancia por se mesma, é indicativa que a cidadanía no seu hipotético descoñecemento vinculou mais a corrupción  ao uso partidista de tal  fenómeno que á verdadeira dimensión do seu alcance; motivo que impediu espertar neles o receo suficiente como para considerar a transcendencia do  asunto  entre os problemas máis urxentes do país, e moito menos para situar o seu impacto social ao nivel doutros temas de máxima preocupación como resulta ser o paro.
     
    Pois se a apreciación cidadá sobre a devandita  materia  fose axustada  á súa verdadeira magnitude, o correspondente sería que a vontade popular mais que primar ao partido mais corrupto como foi o caso, pasáralle factura aos seus excesos inclinando a balanza electoral cara ao extremo oposto, e cando tal translación non se produce, todo apunta a indicar que a baixa preocupación que suscitan as  prácticas corruptas na  cidadanía, atende mais que nada á carencia de discusión pública sobre tan complexos manexos  que ademais de impedir o seu control e a súa redución, motiva afrontar a loita contra esta secuela coa seriedade  debida.
     
    Outra hipótese para considerar, é,  que  a suposta inconsciencia dos electores que co seu voto propiciaron  o relanzamento do PP sexa totalmente apócrifa, e que o verdadeiramente certo  sexa que os autores de tal proceder optasen   por apoiar  a  corrupción  de forma consciente e deliberada, porque  a pesar do seu arrastre de impureza, quizais este colectivode controvertidos  electores manteñan  no seu proceder  idéntico nivel de ética e calcado código de conduta que o utilizado polos gremialista da maldade que durante décadas  de forma continuada  converteron  ao país coas súas turbias prácticas nun reduto de corrupción de alta densidade; unha contrastada situación que por clara e patente ninguén pode zafarse dela  aducindo inxenuidade.
     
    É por iso que non sempre a indignación que suscita a corrupción vén acompañada da redención  de contas nas urnas, e iso pola mala pedagoxía da nosa cultura política e  a repercusión mediática da liña editorial duns medios de comunicación cada día mais politizados que acorde  a criterios preestablecidos conducen a noticia a propio interese facendo que as denuncias sobre corrupción sexan demoledoras ou perdan toda credibilidade  en función  a criterios de afinidade ou disparidade política. 
     
    Manipulación informativa cuxa verdadeira finalidade estivo orientada  a reducir a mínimos ou desincentivar o impacto do castigo electoral, ou no seu caso, reverter a tendencia  da opinión pública; arroupando con tenacidade extrema aos partidos de cabeceira  para así poder neutralizar informativamente  as acusacións  sobre  toda connotación  con intereses espurios que puidesen ocasionarlle prexuízo nas urnas.
     

    A lóxica dun veto á corrupción

    Por iso é polo que cando  500 políticos do PP constan como  imputados   pola súa presunta implicación en casos de corrupción e as causas sucédense de modo permanente, e cando  á vista dos feitos o normal sería que a indignación social fixésese dona da situación en esixencia de cambios que puxesen límite a tan excedidos comportamentos, o certo é que aínda que a corrupción vese como un problema para o país, a situación lonxe de rexenerarse, mediante manobras de camuflaxe mediática condúcese de mal a peor como demostra a situación duns políticos corruptos mantendo intacta a súa popularidade mentres o merecido castigo nas urnas é  reemplazado nos comicios polo contrasesno dunha recompensa  electoral.
     
    O todo vale  da  adulteración democrática non debe ser aceptado como un paso correcto, pois mais alá  de calquera  manobra electoralista o verdadeiro desafío que se debe marcar este país, é afianzar o Estado de dereito como pedra angular do exercicio do bo goberno e de rexeneración da vida pública, e ese labor debe ser afrontado por xente integra, que nunca, por quen institucionalizo a corrupción  coas súas prácticas políticas.  

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook