Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Agosto
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Zas e Pardiñas, capitais da música folk

    Zas 2014 - XXXI Festa da Carballeira - cartel

    Coma sempre, os carteis anunciadores da Festa da Carballeira de Zas son verdadeiras obras de arte

    O concello de Zas vai estar hoxe desbordado. Multitude de xente chegará de todos os puntos de Galicia para gozar un ano máis do seu festival folk, un dos máis importantes: hoxe é o día da Carballeira.

    No incomparable marco no que se celebra cada ano o festival actuarán artistas de renome como BUDIÑO ou RIOBÓ (Galicia) e outros procedentes de Irlanda, USA e Costa Rica a partir das 9 da noite, aínda que xa pola tarde actuarán outras agrupacións musicais quentando o ambiente. A entrada é de 7 € e con ela os festeiros levarán para a casa un CD conmemorativo con dous temas de cada un dos participantes na festa.

    Toda a información na páxina web da Carballeira.

    Guitiriz 2014 - XXV Festival de Pardiñas - cartel Completísimo programa musical para a XXXV edición do Festival de Pardiñas

    E con catro anos máis de historia, tamén é a fin de semana do Festival de Pardiñas. BLOQUINHO DOS XERMOLOS, RADIO COS, TRAPALLADA e, mañá, A QUENLLA e OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO son a representación galega desta importante cita festeira que se completa con grupos de Alxeria, Catalunya, Inglaterra, Irlanda e Arxentina. Durante dous días a festa instálase en Pardiñas un ano máis.

    Zas e Guitiriz son esta fin de semana as capitais da música folk galega e do resto do mundo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook